Cantigas de amigo

Neo-trovadores 1º-Bacharelato (2003-2004)

                     

 

    1.-   Dende aquela tarde no monte,

    2.-   Soñade amigo na anhelada Navidade

    3.-   O meu amor non está comigo,

    4.-   Na fonte estou a esperar ó meu amigo.

    5.-   En Santa María agardaba ó amado

    6.-   Estou aquí espetando polo tey amor

    7.-   Baixo un ceo estrelado

    8.-   Ay, fermôça pont’ da pasaxe

    9.-   Nunca máis, berraba meu amigo

  10.-  No campo da herba esponxosa

  11.-  Fun correndo a ve-lo mar

  12.-  Umha noite de luar

  13.-  Vino en Sada bailando

  14.-  No monte estaba perdido,

  15.-  Camiño da ermida de Vigo,

  16.-  No monte de altos pinos

  17.-  Vinte partir namorado

  18.-  Non sei que facer

  19.-  Iba meu amigo baixando o Llambrión

  20.-  Entrando pola porta di meu salón

  21.-  Entrando no porto de San Simón

  22.-  Din que foise meu amigo

  23.-  Muitos días hei gardado

  24.-  Naquel monte sen sombra

  25.-  M´acordo do día festivo,

  26.-  Eu quixera ser a dona

  27.-  O meu amigo foi cazar

  28.-  Aquí choro nesta praia por meu amado

  29.-  Ai Deus! foisse xa meu amigo

  30.- Estaba eu na ría de Vigo,

  31.-  Eu ben sei meu amigo,

  32.-  Eu ben sei meu amigo,

  33.-  ¡Oh irmá!, ¿que vai ser de min soa na casa?

  34.-  Quer’eu escoitar meu amigo

  35.-  Coma tódalas noites na praia esperaba.

  36.-  ¿Que poido facer? Vou morrer,

  37.-  Miña nai, na ladeira da montaña

  38.-  Amiga, viche-lo meu amigo?

  39.-  A tardiña xunto ó lago estaba eu co meu amado,

  40.-  Cando comeza o día

  41.-  No ceo azul os paxaros voan,

  42.-  Son montañas escarpadas

  43.-  O meu amigo, o meu amor

  44.-  Vaiamos madre , vaiamos falar

  45.-  Vinte no meu xardín

  46.-  Vin eu ó me´amado

  47.-  Padre, hoxe coñecín un cabaleiro

  48.-  Recordando no pasado

  49.-  O mozo vinho o outro dia

  50.-  D’onde vides, filha mia, con ese aire tristeiro?

  51.-  Dende a mancinha ata o serán

  52.-  Déixeme vostede ir

  53.-  Vamos amigo, vaiamos xogar,

  54.-  meu amigo,  meu amado, canto tempo pasamos

  55.-  No lag´ onde ti cantes

  56.- Pai, pasou por aquí un cavaleiro

  57.-  Ai, voto de menos ó meu amigo

  58.-  O meu amigo non está

  59.-  O amor que sento polo meu amigo

 

 Créditos

 

 

 

                             

1

Dende aquela tarde no monte,

o meu amigo marchouse lonxe.

Amores ei, o esperarei.

 

Dende aquel día de frío,

eu non dou máis que suspiros.

Amores ei, o esperarei.

 

O meu amigo marchouse lonxe,

xa non quere verme nin amarme.

Amores ei, o esperarei.

 

Eu non dou máis que suspiros,

día a día penso no meu amigo.

Amores ei, o esperarei.

 

Xa non me quere nin me ama,

sen a meu amigo non son nada.

Amores ei, o esperarei.

Ir ó comenzo

 

2

Soñade amigo na anhelada Navidade

cun frio de morte que fai tiritar.

Lembra o amor que sentimos os dous.

 

Soñade amigo na eterna claridade

Cun frio de morte que non deixa pensar.

Lembra o amor que sentimos os dous.

 

Cun frio de morte que fai tiritar.

queroche dicir o que en verdade é amar.

Lembra o amor que sentimos os dous.

 

Cun frio de morte que non deixa pensar.

Queroche decir o que querades meu xograr.

Lembra o amor que sentimos os dous.

 

Queroche decir o que en verdade é amar.

para que o noso amor non atope barreras.

Lembra o amor que sentimos os dous.

 

Queroche decir o que querades meu xograr

para que o noso amor non produza goteras.

Lembra o amor que sentimos os dous.

 

Si non foses tan dado os xogos de azar

facia dese corpo un escravo de amar.

Ir ó comenzo 

 

3

O meu amor non está comigo,

non podo vivir sen meu amigo,

ai,miña nai cando volverá o meu amado

para poder tocar o seu corpo sagrado.

 

Meu home non está a miña beira,

co seu corcel marchou cara a carballeira ,

ai,miña nai cando volverá o meu amado

para poder tocar o seu corpo sagrado.

 

Non podo vivir sen meu amigo,

él deixoume o corazón ferido,

ai ,miña nai cando volverá o meu amado

para poder tocar o seu corpo sagrado.

 

Co seu cabalo foi á carballeira,

esperoo trala miña cristaleira,      

ai , miña nai cando volverá o meu amado

para poder tocar o seu corpo sagrado.

 

Onde estará o meu amigo belido ,

quero estar contigo!

Ir ó comenzo 

 

4

Na fonte estou a esperar ó meu amigo.

¿Que farei se non vén comigo?

Pobre de min, pobre de min.

 

Na fonte estou a esperar ó meu amado

¿Que farei se non vén o meu lado?

Pobre de min, pobre de min.

 

¿Que farei se non vén comigo?

Morir de amor será o meu destino.

Pobre de min, pobre de min.

 

¿Que farei se non vén o meu lado?

Sufrirei polo meu namorado.

Pobre de min, pobre de min.

 

Morir de amor será o meu destino.

A miña paisón é o meu amigo.

Pobre de min, pobre de min.

 

Sufrirei polo meu namorado.

O meu amor é o meu amado.

Pobre de min, pobre de min.

Ir ó comenzo

 

5

En Santa María agardaba ó amado

Soa e triste estaba no adro

Meu amor non volve,non sei si chegará,

Non teño forza porque conmigo non está.

 

En Santa María o amado está a chegar

Choro por él e non poido respirar

Meu amor non volve,non sei si chegará,

Non teño forza porque conmigo non está.

 

Soa e triste estaba no adro

Esperando ó amigo máis desexado

Meu amor non volve,non sei si chegará,

Non teño forza porque conmigo non está.

 

Soa e triste seguía no adro

Morría xa na Igrexa polo namorado

Meu amor non volve,non sei si chegará,

Non teño forza porque conmigo non está.

Ir ó comenzo 

 

6

Estou aquí espetando polo tey amor

que si non te vexo vou morrer do dor

¡meu amado,ven xa!

¡ven xa!

 

Sempre esperareite cos brazos ben abertos

esperando con ansia os teus abrazos

¡meu amado,ven xa!

¡ven xa!

 

Se que perdín a razón

foi detrás do corazón

¡meu amado,ven xa!

¡ven xa!

 

Nunca xamais habia amado

pero agora estarei o teu lado

¡meu amado,ven xa!

¡ven xa!

 

Agora estas lexos de mín

pero pronto habera un fín

¡meu amado,ven xa!

¡ven xa!

 

Ese día chegará

e o noso amor funcionará

¡meu amado,ven xa!

¡ven xa!

Ir ó comenzo

 

7

Baixo un ceo estrelado

Soño coa túa volta, meu amado

¿Cando volverás meu amigo

cando meu namorado?

 

Baixo as sabas dá miña cama

Soño con que non me esquezas

¿Cando volverás meu amigo

cando meu namorado?

 

Soño que volva o meu amado

Da guerra que o arrevatoú do meu lado

¿Cando volverás meu amigo

cando meu namorado?

        

Soño que no me esquezas

Naquela guerra que nos separou

¿Cando volveras meu amigo

cando meu namorado?

 Ir ó comenzo

 

8

Ay, fermôça pont’ da pasaxe

mentres pasa a carruaxe

¿viche-lo meu amigo?

 

Pont’ fermôça, se vee-lo meu amorcinho

impidelhe q’ siga o seu caminho

¿viche-lo meu amigo?

 

Mentres pasa a carruaxe

E mail’o oleaxe

¿viche-lo meu amigo?

 

Impidelhe q’ siga o seu caminho

e dilh’ q’ ja nom é meu amorcinho

¿viche-lo meu amigo?

 

Ai, fermosa ponte do pasaxe

mentres pasa a carruaxe

¿viche-lo meu amigo?

 

Ponte fermosa se ves o meu amiguiño

impidelle que siga-lo seu camiño

¿viche-lo meu amigo?

 

Mentres pasa a carruaxe

e mailo oleaxe

¿viche-lo meu amigo?

 

Impidelle que siga-lo seu camiño

e dille que xa non é meu amorciño

¿viche-lo meu amigo?

Ir ó comenzo 

 

9

Nunca máis, berraba meu amigo

Nunca máis, na costa do sospiro

E ai Deus, que negro está o mar !

E ai Deus, que estou a chorar !

 

Berraba na Costa da Morte

Berraba nas costas do norte

E ai Deus, que negro está o mar !

E ai Deus, que estou a chorar !

 

Nunca máis, na costa do sospiro

Nunca máis volvín ver meu amigo

E ai Deus, que negro está o mar !

E ai Deus, que estou a chorar !

 

Berraba nas costas do norte

Tirareime ás rochas, dádeme a morte

E ai Deus, que negro está o mar !

E ai Deus, que estou a chorar !

 

Nunca máis volvín ver meu amigo

Nunca máis, no mar eu me retiro

E ai Deus, que negro está o mar !

E ai Deus, que estou a chorar !

Ir ó comenzo 

 

10

No campo da herba esponxosa

xunto á beira da fonte

a lúa estaba fermosa

Canto che quero meu amigo !

 

Que grande momento vivido

na madrugada de onte

no enorme campo velido

Canto che quero meu amigo !

 

Xunto á beira da fonte

tumbeime co meu amigo

meu Deus, a quen se lle conte !

Canto che quero meu amigo !

 

Na madrugada de onte

eu enriba do meu amigo

produciuse unha hecatombe

Canto che quero meu amigo !

 

Tumbeime co meu amigo

así pasamos a noite

alégrome de estar contigo

Canto che quero meu amigo !

Ir ó comenzo 

 

11

Fun correndo a ve-lo mar

ver chegar a meu amigo

onte veu desembarcar

pra quedárese comigo

E casarei co meu amigo !

 

Vivremos xuntos no monte

nun lugar moi especial

sitio onde fodemos onte

no futuro, o noso lar

E casarei co meu amigo !

 

Ver chegar a meu amigo

alegroume o corazón

na eira do campo de trigo

amarémonos con paixón

E casarei co meu amigo !

 

Nun lugar moi especial

pasaremos a nosa vida

cun amor moi fraternal

casarémonos na ermida

E casarei co meu amigo !

Ir ó comenzo

 

12

Umha noite de luar

ao son dumha canción

versos lerei cara ao balcón

co ritmo das ondas do mar

Fermoso luar galego !

 

Cara a minha señor van

de dozura indescriptibel

de beleza inconfundibel

quero se-lo seu gardián

Fermoso luar galego !

 

Non entendo que lle pasa

non me quere nin veer

tereime que ir beber

un bo viño á minha casa

Fermoso luar galego !

 

Finalmente desistín

non me queren veer seus pais

fun contándolle aos demáis

o moito que eu sufrín

Fermoso luar galego !

 

Perdín o meu gran amor

o sentido da mia vida

suicidareime neste día

por non ter mia senhor

Fermoso luar galego !

Ir ó comenzo 

 

13

Vino en Sada bailando

mentras eu estab’ cantando

Guapo que é!...

 

Bailando vino en Sada

mentras eu me excitaba

Guapo que é!...

 

Mentras eu estab’ cantando

el o ollo seguía guiñando

Guapo que é!...

 

Mentras eu me excitaba

mentras eu Soñaba

Guapo que é!...

 

El o ollo seguía guiñando

meu amigo dim’ bicando

Guapo que é!...

 

El o bico viño me dar

meu amigo é sin dudar

Guapo que é!...

Ir ó comenzo

 

14

No monte estaba perdido,

O meu amigo belido.

Quero encontralo e non podo,            

¿U-lo meu amigo?

                                              

No monte estaba buscándoo,

E non o daba atopado.

Quero encontralo e non podo,

¿U-lo meu amigo?

                                               

O meu amigo belido,

Ten que estar vivo.

Quero encontralo e non podo,

¿U-lo meu amigo?

 

Non o daba atopado,

E estaba desesperado                                         

Quero encontralo e non podo,

¿U-lo meu amigo?

 

 O meu amigo querido,

 Ten que estar escondido.

Quero encontralo e non podo,

¿U-lo meu amigo?

Ir ó comenzo 

 

15

Camiño da ermida de Vigo,

atopei ó meu amigo.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

 

Na ermida de Vigo, ó lado,

achei ó meu amado.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

 

Atopei ó meu amigo,

co corazón ferido.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

 

Achei ó meu amado,

díxome que estaba namorado.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

 

Co corazón ferido,

aínda sendo o máis belido.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

 

Díxome que estaba namorado,

dunha rapaza do poblado.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

 

Aínda sendo o máis belido,

tal vez, non sexa entendido.

Paixón sen sentido,

amor non correspondido.

Ir ó comenzo 

 

16

No monte de altos pinos

Despedín ó meu amigo.

Xa marchou, miña irmá,

E non sei cando volverá.

 

No monte preto do prado

Dixen adeus ó meu amado.

Xa marchou, miña irmá,

E non sei cando volverá.

 

Despedín ó meu amigo

Quen por min é moi querido.

Xa marchou, miña irmá,

E non sei cando volverá.

 

Dixen adeus ó meu amado

E quero que volva ó meu lado.

Xa marchou, miña irmá,

E non sei cando volverá.

Ir ó comenzo 

 

17      

Vinte partir namorado

á guerra nun mundo afastado.

Se vas volver

Volve namorado.

¿Cando volverás meu amigo?

 

Vinte partir meu amado

A loitar sobre o teu cabalo.

Desexo que volvas

Cantando namorado.

¿Cando volverás meu amigo?

 

A guerra nun mundo afastado

Fuches salvar noso reinado.

Aquí agárdote meu valente

Por un amor coitado.

¿Cando volverás meu amigo?

 

A loitar sobre o teu cabalo

Eu aquí sigo agardando.

Agardándote meu cabaleiro

por un amor desesperado.

¿Cando volverás meu amigo?

Ir ó comenzo

 

18

Non sei que facer

Eu non te quero nin ver

¿Por qué fas isto meu amigo?

 

Da guerra viñeches namorado

E o meu corazon deisaches coitado

¿Por qué fas isto meu amigo?

 

Non sei que facer

Para non verte crecer

¿Por qué fas isto meu amigo?

 

Eu non te quero nin ver

Cos teus recordos sinto morrer

¿Por qué fas isto meu amigo?

 

E o meu corazon deisaches coitado

Recordos tristes recordos amargos

¿Por qué fas isto meu amigo?

 

Da guerra viñeches namorado

Dun sol doado

¿Por qué fas isto meu amigo?

Ir ó comenzo 

 

19

Iba meu amigo baixando o Llambrión

Cando de pronto tivo un resbalón

Ay meu amigo

 

Iba meu amigo baixando o Eo

Cando de pronto tivo un mareo

Ay meu amigo

 

Cando de pronto tivo un resbalón

Dos cales tivera un montón

Ay meu amigo

 

Cando de pronto tivo un mareo

Que levoulo de cabeza o ceo

Ay meu amigo

Ir ó comenzo 

 

20

Entrando pola porta di meu salón

Iba pensando no meu amigo Antón

¿Qué sera do meu amigo?

 

Iba pensando no meu amigo Antón

Cando de repente escoitei unha canción

¿Qué sera do meu amigo?

 

Cando de repente escoitei unha canción

Tocada con un acordeón

¿Qué sera do meu amigo?

 

Cando de repente escoitei a nosa canción

Que quedou marcada no meu corazón

¿Qué sera do meu amigo?

Ir ó comenzo 

 

21

Entrando no porto de San Simón

no meu barco que contento vou

pensando no meu amigo

mentres busco un abrigo

 

No meu barco que contento vou

contando os latexos do meu corazón

pesando no meu amigo

mentres busco un abrigo

 

Contando os latexos do meu corazón

na miña barquiña que contento estou

pensando no meu amigo

mentres busco un abrigo

 

Na miña barquiña que contento estou

imaxinando que estrás sempre no meu corazón

pensando no meu amigo

mentres busco un abrigo

Ir ó comenzo 

 

22

Din que foise meu amigo

din q nunca voltará

din q foi o meo amado

o que non verei xamáis.

Volve pronto meu amigo!

Volve pronto meu amado!

 

Agora eu estou ferido.

Paréceme escoita-la súa voz,

mais eu ben sei

que el nunca voltará.

Volve pronto meu amigo!

Volve pronto meu amado!

 

Din que nunca voltará ,

meu amigo do corazón ,

a min rompeume a alma,

o que sinto e moita dor.

Volve pronto meu amigo!

Volve pronto meu amado!

 

Paréceme escoita-la súa voz

mais el nunca voltará

as veces enténdoo

pois fíxenlle chorar.

Volve pronto meu amigo!

Volve pronto meu amado!

Ir ó comenzo 

 

23

Muitos días hei gardado

O meu ben amado

Madr´, eu vouno buscar

Ai cas ondas do mar,

Non o vaian afogar.

 

Muits noites sen abrigo

Do meu ben amigo

Madr´, eu quer´atopar

Ai cas ondas do mar,

Non o vaian afogar.

 

O meu ben amado

Non vejo dend´ey nado

Madr´, eu voun´atopar

Ai cas ondas do mar,

Non o vaian afogar.

 

Ven meu ben amigo!

Precis´estar côtigo

Madr´, eu queroo buscar

Ai cas ondas do mar,

Non o vaian afogar

Ir ó comenzo 

 

24

Naquel monte sen sombra

Eu espero cunha gran pena

¿Ú-lo meu amigo?

Que sempre o tiven querido. 

 

 

Naquel bosque sen nombre

Eu espero por aquel home.

¿Ú-lo meu amigo?

Que sempre o tiven querido.

 

Eu espero cunha gran pena

O olor dos teur beizos calados

¿Ú-lo meu amigo?

Que sempre o tiven querido. 

 

Eu espero por aquel home

E polos seus ollos feridos.

¿Ú-lo meu amigo?

ue sempre o tiven querido.

Ir ó comenzo

 

 

25

M´acordo do día festivo,

que máis queres meu amigo.

Adoreite, me deixei avasallar.

Agora sei, nunca me vas amar.

 

M´acordo do día festivo,

fuches malo, xogaches conmigo.

Ameite, me deixei utilizar.

Agora sei, nunca me vas amar.

 

Que máis queres meu amigo?,

ti non podes xogar conmigo.

O que dixen era verdá.

Agora sei, nunca me vas amar.

 

Fuches malo, xogaches conmigo.

Confiaria en ti meu amigo,

pero sei que me vas falhar.

Agora sei, nunca me vas amar.

Ir ó comenzo

 

26

Eu quixera ser a dona

dos remos do teu amor.

A capitana da tua nave,

a que manda en estribor.

Poder casarme contigo,

E vivir felices meu amigo.

 

Quero mandar na tua persoa,

como mando eu en mi mesma.

Unilos nosos corazóns,

andar un so camiño.

Quero selo teu amor eterno,

E vivir felices meu amigo.

 

Dos remos do teu amor,

eu quixera ser a dona.

Dos remos da tua paixón,

eu quixera ser a escrava.

Poder vivir sempre contigo,

E vivir felices meu amigo.

 

Como mando eu en mi mesma,

quero mandar na tua persoa.

Como mando na miña calma,

quero mandar na tua alma.

Quero selo teu faro eterno,

E vivir felices meu amigo.

Ir ó comenzo 

 

27

O meu amigo foi cazar

eu non sei se ha voltar.

¿U-lo meu amigo?

Non hai outro máis belido.

 

El foi cazar pos pracer

non sei eu se ha volver.

¿U-lo meu amigo?

Non hai outro máis belido.

 

Eu non sei se ha voltar

no bosque frondoso eino buscar.

¿U-lo meu amigo?

Non hai outro máis belido.

 

Nnon sei eu se ha volver

xa non sei que máis facer.

¿U-lo meu amigo?

Non hai outro máis belido.

 

No bosque frondoso eino buscar

e baixo as arbores imonos amar.

¿U-lo meu amigo?

Non hai outro máis belido

Ir ó comenzo 

 

28

Aquí choro nesta praia por meu amado

esperando o barco que o delvolva ó meu lado

¡Virás meu amigo!

 

Por meu amado aquí choro na praia,

rezo e rezo para que vivo da guerra saia.

¡Virás meu amigo!

 

Esperando o barco que o devolva ó meu lado

recordo os momentos que me deu o meu amado.

¡Virás meu amigo!

 

Rezo e rezo para que vivo da guerra saia

mentres espero na area un barco que mo traia.

¡Virás meu amigo!

 

Recordo os momentos que me deu meu amado

e choro porque o mar de min o deu separado.

¡Virás meu amigo!

 

Recordo os momentos que me deu meu amigo

e choro porque o mar non o deixa estar comigo.

¡Virás meu amigo!

Ir ó comenzo 

 

29

Ai Deus! foisse xa meu amigo

que pola noite estivo aqui comigo

Estou  namorada!

 

Ai Deus! foisse xa meu amado

qu’eire deixoum’aquí no prado

Estou namorada!

 

Que pola noite estivo aqui comigo

e agora volveusse ao mar de Vigo

Estou namorada!

 

Qu’eire deixoum’aqui no prado

e agora fosse do nosso lugar amado

Estou namorada!

 

E agora volveusse ao mar de Vigo

este rapaz qu’é tan velido

Estou namorada!

 

E agora foisse do nosso lugar amado

este rapaz tan fremosso e educado

Estou namorada!

 

Este rapaz do corpo velido

Levoum’a veer a cras, Com’amo meu amigo!

Estou namorada!

 

Este moço tan fremosso e educado

lévame na súa cor...Como quero’ meu amado!

Estou namorada!

Ir ó comenzo 

 

30  

Estaba eu na ría de Vigo,

e lembraba aquel meu doce amigo

lonxe de min está no mar

 

Estaba eu na fonte do Calado

e lembraba o aquel meu amado

lonxe de min está no mar

 

E lembraba aquel meu doce amigo

na bahía do mar de Vigo

lonxe de min está no mar

 

E lembraba o aquel meu amado

co meu corazón namorado

lonxe de min está no mar

 

Na bahía do mar de Vigo

lembraba o seu amor comigo

lonxe de min está no mar

 

Co meu corazón namorado

chorando lembraba o meu amado

lonxe de min está no mar

Ir ó comenzo 

 

31

Eu ben sei meu amigo,

que nunca estás comigo.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Eu ben sei meu amado,

que nunca estás illado.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Que nunca estás comigo,

eu irei cara a Vigo.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Que nunca estás illado,

eu irei cara o mar sagrado.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Eu irei cara a Vigo,

non me tentes deter, meu amigo.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Eu irei cara o mar sagrado,

non me tentes deter, meu amado.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

Ir ó comenzo

 

32

Eu ben sei meu amigo,

que nunca estás comigo.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Eu ben sei meu amado,

que me tes atrapado.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Que nunca estás comigo,

eu irei a Vigo.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Que me tes atrapado,

eu irei ao mar sagrado.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Eu irei a Vigo,

non me tentes deter, meu amigo.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

 

Eu irei ao mar sagrado,

ou mellor é que me vaia, meu amado.

¡Entón eu marchareime,

e non me verás por sempre¡.

Ir ó comenzo 

 

33

¡Oh irmá!, ¿que vai ser de min soa na casa?

o meu namorado de min sempre pasa.

Por ti choro, meu amigo.

 

¡Oh irmá!, ¿que vai ser de min soa no festín?

o meu namorado sempre pasa de min.

Por ti choro, meu amigo.

 

O meu namorado de min sempre pasa,

nas ribas do lago ten a súa casa.

Por ti choro, meu amigo.

 

O meu namorado sempre pasa de min,

nas ribas do lago eu choro sen fin.

Por ti choro, meu amigo.

 

Nas ribas do lago ten a súa casa,

sempre hai unha moza que por alí pasa.

Por ti choro, meu amigo.

 

Nas ribas do lago eu choro sen fin,

mais sei que no fondo está tolo por min.

Por ti choro, meu amigo.

 

Sempre hai unha moza que por alí pasa,

que leva colgado un cesto con asa.

Por ti choro, meu amigo.

 

Eu sei que no fondo está tolo por min,

pois sempre me mira con ollo pillín.

Por ti choro, meu amigo.

Ir ó comenzo 

 

34

Quer’eu escoitar meu amigo

q’as súas palavras non olvido.

Se canta meu amigo, nai

mírao pra veer u’il vai.

 

Quer’eu meu amigo escoitar

as súas palavras no vento soar.

Se canta meu amigo, nai

mírao pra veer u’il vai.

 

Q’as súas palavras non olvido,

por ve-lo na mar sospiro.

Se canta meu amigo, nai

mírao pra veer u’il vai.

 

As súas palavras no vento soar

pra q’a miña beira veñan parar.

Se canta meu amigo, nai

mírao pra veer u’il vai.

Ir ó comenzo 

 

35

Coma tódalas noites na praia esperaba.

Como tódalas noites en sonos te chamaba.

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

 

Coma tódalas noites na praia esperaba,

teu bico de boas noites en sonos atopaba.

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

 

Coma tódalas noites en sonos te chamaba,

mais ti non estás preto e dende lonxe de escoitaba.

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

 

Teu bico de boas noites en sonos atopaba,

A distancia é un obstáculo, mais a ti non te importaba

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

 

Ti non estás preto e dende lonxe te escoitaba,

non necesitaba palabras, os meus fermosos ollos choraban.

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

 

A distancia é un obtáculo, mais a ti non te importaba,

os duos contando un mes e as nosas mans se encontraban.

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

 

Só somos tu máis eu,

vendo pasar as horas e os días,

agardando un novo encontro,

para poder para-lo tempo,

e que non nazca un novo día.

¡Tan lonxe e á vez tan cerca, amigo!

Ir ó comenzo 

 

36

¿Que poido facer? Vou morrer,

se o meu namorado só dice que non.

sen él non ten sentido o meu ser.

¿Morrer? ¿Por qué non?

 

¿Qué poido facer? Quero durmir

se o meu namorado só dice que non.

Sen él non necesito vivir.

¿Morrer?¿Por qué non?

 

 

Quero o meu amigo pero non o quere saber

se o meu namorado só dice que non.

¡Oxalá poidese tenerte só unha vez!

¿Morrer?¿Por qué non?

 

 

Quero o meu amigo tanto como a vida

se o meu namorado só dice que non

¡Oxalá poidese morirme na túa sonrisa!

¿Morrer?¿Por qué non?

Ir ó comenzo 

 

37

Miña nai, na ladeira da montaña

agardaba eu para dicirlle que o extrañaba

mais ti nunca deixabas que lle dixera nada.

Teño tantas ganas de o ver

que non me deixes non podo crer.

 

Miña nai, na tranquila beira do río

agardaba eu o meu loiro amigo,

mais ti nunca deixabas que a él me acercara.

Teño tantas ganas de o ver

que non me deixes non podo crer.

 

Agardaba eu ve-lo meu amigo chegar

miña nai, na beira do mar,

mais ti nunca deixabas que me quedara.

Teño tantas ganas de o ver

que non me deixes non podo crer.

 

Agardaba eu o meu amigo velido

miña nai, no monte florido

mais ti nunca deixabas que me visitara.

Teño tantas ganas de o ver

que non me deixes non podo crer.

Ir ó comenzo

 

38

Amiga, viche-lo meu amigo?

Gustaríame ve-lo comigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

Amiga, ond’est’o meu amigo?

Gustaríame te-lo comigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

Gustaríame te-lo comigo,

mais non podo,xa marchou a Vigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

Gustaríame te-lo comigo,

mais non podo,xa se foi a Vigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

Mais non podo,xa marchou a Vigo

e se s’acerca corre perigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

Mais non podo,xa se foi a Vigo

e se ven m’veer corre perigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

E se s’acerca corre perigo,

a minha nai odia ó meu amigo

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

E se ven m’veer corre perigo,

a minha nai detest’ó meu amigo

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

A minha nai odia ó meu amigo

e prohibiulhe estar comigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

A minha nai detest’ó meu amigo

e impídelhe estar comigo.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

E prohibiulhe estar comigo,

sinto o meu coraçon doido.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada.

 

E impídelhe estar comigo,

tenho o meu coraçon doido.

Boto en falta a súa mirada

e por iso síntome coitada

Ir ó comenzo 

 

39

A tardiña xunto ó lago estaba eu co meu amado,

¡canta ledicia ó estar o seu lado!

¡Ai miña irmá,

se ti soubeses o que é amar!

 

A tardiña xunto ó lago non atopaba o meu amado

¡canta tristeza ó estar separados!

¡Ai miña irmá,

se ti soubeses o que é amar!

 

¡Canta ledicia o estar o seu lado!

Que pracer é poder escoita-lo

¡Ai miña irmá,

se ti soubeses o que é amar!

 

¡Canta tristeza ó estar separados!

Que desgracia é non poder admira-lo

¡Ai miña irmá,

se ti soubeses o que é amar!

Ir ó comenzo 

 

40

Cando comeza o día

o meu corazón empeza a latir,

¿ será de amor, meu amigo ?

 

Cando comeza a brillar o sol

a miña vida é un sin vivir,

¿ será de amor, meu amigo ?

 

O meu corazón empeza a latir

e cando me dou conta, xa non podo vivir,

¿ será de amor, meu amigo ?

 

A miña vida é un sin vivir

porque morrerme podo se ó meu lado non estás ti,

¿ será de amor, meu amigo ?

Ir ó comenzo  

        

41

No ceo azul os paxaros voan,

na firme terra meu amado está de volta.

¡ Date prisa meu amigo !

 

No fondo do camiño os paxaros voan,

no alto do ceo meu amado está.

¡ Date prisa meu amigo !

 

Na firme terra meu amado está de volta,

sentadiña no banco espero a que volva.

¡ Date prisa meu amigo !

 

No alto do ceo ,meu amado está de volta,

eternamente namorada de alguén que non retorna.

¡ Date prisa meu amigo !

Ir ó comenzo  

 

42

Son montañas escarpadas

Que non me deixan pensar

Dunha soa cousa poido falar

Oh meu amigo, ¿por qué tantos dores me das?

 

Neste bosque frondoso

Onde ti non parabas de falar

O meu corazón os seus derradeiros pálpitos vai dar

Oh meu amigo, ¿por qué tantos dores me das?

 

A gran espada as de coller

E as miñas mans vainas perder

Non importa o que digas que non me podes dar

Oh meu amigo, ¿por qué tantos dores me das?

Ir ó comenzo  

 

43

O meu amigo, o meu amor

vai partir nas suas naves,

vai ir lonxe de aquí

¡ ai coitada de min !

 

O meu amigo, o meu amor

vai estar lonxe de aquí

e os ríos e as fontes choran

¡ ai coitada de min !

 

O meu amigo, o meu amor

deixame soa e triste

e os paxaros e os cervos lamentanse

¡ ai coitada de min !

 

O meu amigo, o meu amor

deixoume abandonada

e síntome morrer de pena

¡ ai coitada de min !

 

O meu amigo, o meu amor

madre, xa non está aquí

síntome triste e abandonada

¡ ai coitada de min !

 

O meu amigo, o meu amor

madre, non podo dormir

o dolor roeme o corazón

¡ ai coitada de min !

Ir ó comenzo  

 

44

Vaiamos madre , vaiamos falar

do meu namorado, que eu vin marchar.

Andaba meu amigo.

 

Vaiamos madre, vaiamos cantar

o meu namorado, que eu vin marchar.

Andaba meu amigo.

 

O meu namorado, que eu vin marchar

polo camiño escuro que pasaba polo pinar.

Andaba meu amigo.

 

O meu namorado, que eu vin marchar

polo camiño escuro que pasaba polo pinar.

Andaba meu amigo.

 

Polo camiño escuro que pasaba polo pinar

onde as aves piaban sempre sen parar.

Andaba meu amigo.

 

Polo camiño escuro onde ía camiñar

onde as aves cantaban sempre sen cesar.

Andaba meu amigo.

Ir ó comenzo  

 

45

Vinte no meu xardín

necesito pensar en ti

Canto che amo meu amigo

non podo vivir sen ti querido!

 

Vinte no meu corazón

e necesito do teu amor

Canto che amo meu amigo

non podo vivir sen ti querido!

 

Agora necesito pensar en ti

os teus ollos fanme sentir

Canto che amo meu amigo

non podo vivir sen ti querido!

 

Dende onte necesito do teu sorrir

a túa boca faime sentir

Canto che amo meu amigo

non podo vivir sen ti querido!

 

Porque o teu mirar faime sentir

Quero que conmigo veñas vivir

Canto che amo meu amigo

non podo vivir sen ti querido!

 

Pois a túa boca faime rir

Quero que xuntos vaiamos vivir

Canto che amo meu amigo

non podo vivir sen ti querido!

Ir ó comenzo  

 

46

Vin eu ó me´amado

paçeando por Santiago

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

 

Vin eu ó me´amigo

paçeando polo caminho

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

 

Paçeando por Santiago

deslumbroum´o meu namorado

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

        

Paçeando polo caminho

deslumbroum´o meu amigo

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

 

Deslumbroum´o meu namorado

Sorrium´o meu amado

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

 

Deslumbroum´o meu amigo

sorriume como che digo

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

 

Sorrium´o me´amado

çin estar namorado

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

 

Sorriume como che digo

e foiçe polo caminho

¡Ai nai! ¡Qu´amor!

Ir ó comenzo  

 

47

Padre, hoxe coñecín un cabaleiro

Que trouxía para mí un cancioneiro.

Cando ía buscando alimento

no bosque, facía moito vento;

nunha mañá de setembro

cun frío que agraviaba o meu sentimento.

 

Madre, hoxe coñecín un cabaleiro

Que trouxía para mí un cancioneiro.        

É alto, hermoso, portentoso… pero eu o quería,

 por isto funme con él de ramaría;

nunca mañá de setembro

cun frío que agraviaba o meu sentimento.

 

Irmá, hoxe coñecín un cabaleiro

Que trouxía para mí un cancioneiro.

Dame moitos regalos para ti, meu amado

E eu sempre chos daba aunque estiveses enfadado;

Nunca mañá de setembro

         Cun frío que agraviaba o meu sentimento.

 

Se é un pouco maior para os vosos ollos

Pensade nel coma meu amigo o da sonrisa de raposo.

Ir ó comenzo  

 

48

Recordando no pasado

aqueles días de pecado,

aquel brillo azulado

nos ollos do meu namorado.

A meu pai non lle gustaba

e meu amigo, entón, marchara.

 

O xardín florecido,

¿onde andará, meu amigo?

Podería estar ferido

e non pode contar comigo

A meu pai non lle gustaba

e meu amigo, entón, marchara.

 

Aqueles días de pecado

pasábaos co meu namorado.

Tanto amor regalado

para agora marchar do meu lado.

A meu pai non lle gustaba

e meu amigo, entón, marchara.

 

¿Onde andarás, meu amigo?

Non te culpo por estares desaparecido

Alguen falou contigo

máis non o dou entendido.

A meu pai non lle gustaba

e meu amigo, entón, marchara

Ir ó comenzo  

 

49

O mozo vinho o outro dia

Tan feliz coma sempre

¿qué ll’alegraralo dia?

 

Meu mozo vinho o outro dia

Tan alegre coma sempre

¿que ll’alegraralo dia?

 

Tan feliz coma sempre

Non para de rir de alegria

¿que ll’alegraralo dia?

 

Tan alegre coma sempre

Non para de rir de alegria

¿que ll’alegraralo dia?

 

Non para de rir de alegria

O amigo do seu sorriso presumia

¿que ll’alegraralo dia?

 

Non para de rir de alegria

Meu amigo do seu sorriso presumia

¿que ll’alegraralo dia?

Ir ó comenzo  

 

50

D’onde vides, filha mia, con ese aire tristeiro?

Venho de despedi-lo meu amigo co coraçon valeiro

Vaise moi lonxe meu amado

e quiçais non o vexa nun ano.

 

D’onde  vides, filha mia, con esa cara d’amargura

Venho de despedi-lo meu amigo que vaise con gran tristura

Vaise moi lonxe meu amado

e quiçais non o vexa nun ano.

 

Venho de despedi-lo meu amigo co coraçon valeiro

porque a miña vida sen el, seguro será un inferno.

Vaise moi lonxe meu amado

e quiçais non o vexa nun ano.

 

Venho de despedi-lo meu amigo que vaise con gran tristura

e deixam’aquí, botando de menos a súa ternura.

Vaise moi lonxe meu amado

e quiçais non o vexa nun ano.

Ir ó comenzo  

 

51

Dende a mancinha ata o serán

esperando estiven e vou a'star

encontrarei ao meu amigo!

 

Citoume'sta roca, eire pola cras

esperando estarei, faltaba máis

encontrarei ao meu amigo!

 

Esperando estiven e vou a'star

ata que me leve ond'altar

encontrarei ao meu amigo!

 

Esperando estarei, faltaba máis

polo meu amigo, ben vale esperar

encontrarei ao meu amigo!

 

Ata que me leve ond'altar

agardarei sentindo un triste espertar

encontrarei ao meu amigo!

 

Polo meu amigo, ben vale esperar

pero o que sinto non quere agardar

encontrarei ao meu amigo!

 

Agardarei sentindo un triste espertar

pero o meu amigo non pode chegar

encontrarei ao meu amigo!

Ir ó comenzo  

 

52

Déixeme vostede ir

a ve-lo meu amigo.

irei a Santiago a ve-lo.

        

Vostede ten que deixarme ir,

pois estar xunto a el, eu quero.

irei a Santiago a ve-lo.

 

Quero xunto a el estar

para poder sentir a antiga amigade

irei a Santiago a ve-lo.

 

Estar xunto a el eu quero

e a antiga amigade poderei sentir outra vez

irei a Santiago a ve-lo.

 

A súa antiga amigade volverei sentir

se vostede realmente me quere

irei a Santiago a ve-lo.

 

O final sentirei a súa amigade

se realmente me quere vostede de verdade

irei a Santiago a ve-lo.

Ir ó comenzo  

                       

53

Vamos amigo, vaiamos xogar,

preto do río, ou do mar,

estarémo-los dous.

 

Vaiamos amigo, vaiamos rir

onde o mar ou o río

estarémo-los dous.

 

Se é onde o río ou o mar

xogar poderemos, e camiñar,

estarémo-los dous.

 

Se fose no mar ou no río,

imos berrar e durmi,

estarémo-los dous.

 

Durmir, berrar e gritar,

sempre que nós desexar

estarémo-los dous.

 

Durmir e berrar, sempre que desexes vir,

é o noso desexo, ata morir,

estarémo-los dous.

Ir ó comenzo                                

                  

54                       

meu amigo,  meu amado, canto tempo pasamos

agora soa estou, sen ti,

aquí no outeiro pasabamos dias

aínda penso en ti.

 

meu amigo, meu amado, canto tempo pasamos,

non nos deixaron querernos,

bucábannos ainda no monte

ainda penso en ti.

 

agora soa estou, sen ti

amolaba e infeliz

pero recórdote tódalas noites.

aínda penso en ti.

 

non nos deixaron qurernos

paso dias no outeiro, meu amigo

por que recórdote ven alí.

aínda penso en ti.

Ir ó comenzo  

 

55

No lag´ onde ti cantes

Nada será com´ antes

So te tenh´ a ti!

 

No lag´  onde nos conhecemos

Nada será como queremos

So te tenh´ a ti!

 

Nada será com´ antes

Escoitando teus sons silbantes

So te tenh´ a ti!

 

Nada será como queremos

Porque non nos entendemos

So te tenh´ a ti!

Ir ó comenzo 

 

56

Pai, pasou por aquí un cavaleiro

que vai ó trote no seu cabalo,

hai amigo meu acompáñame no mes de setembro

que se non moi triste vou estar sola.

 

Nai, pasou por aquí o meu amigo

O trote no seu cabalo,

hai amigo si estiveras conmigo que ben o pasaría

Que si non moi triste vou estar sola.

 

Amigo, pasaches por aquí e non mirachesme

Ti ias cunha soldadeira no teu cabalo

hai amigo meu deixa a esa soldadeira e vente conmigo,

que si non moi triste vou estar sola.

Ir ó comenzo 

 

57

Ai, voto de menos ó meu amigo

Soa, esperando na ría de Vigo

Espero ó meu desexado amado

mirando ó retrato de seu corpo delgado

 

Ai, voto de menos ó meu amado

Soa, esperando ó meu amor sagrado

Espero ó meu desexado amado

mirando ó retrato de seu corpo delgado

 

Soa, esperando na ría de Vigo

voto de menos ó meu amigo

Espero ó meu desexado amado

mirando ó retrato de seu corpo delgado

 

Soa, esperando ó meu amor sagrado

pena dun amor fracasado

Espero ó meu desexado amado

mirando ó retrato de seu corpo delgado

Ir ó comenzo  

 

58

O meu amigo non está

e o meu amigo non virá

sinto habe-lo amado

sinto habe-lo querido

 

Aquí soa no meu falar

sen amigo o que amar

sinto habe-lo amado

sinto habe-lo querido.

 

O meu carón non virá

moi lonxe de mi está

sinto habe-lo amado

sinto habe-lo querido.

 

Sen amigo o que amar

eu soa teño que estar

sinto habe-lo amado

sinto habe-lo querido.

 

Moi lonxe de mi está

e co seu amor non me complacerá

sinto habe-lo amado

sinto habe-lo querido.

Ir ó comenzo 

 

59

O amor que sento polo meu amigo

Fuxe veloz cara o mar de Vigo

A Deus chorei

 

O amor que sento polo meu amado

Fuxe veloz cara o ceo estrelado

A Deus  chorei

 

Soño co amor do meu amigo

Bailando espidos a caron do mar de Vigo

A Deus chorei

 

Soño co amor do meu amado

Bailando espidos a caron do mar calmado

A Deus chorei

Ir ó comenzo  

 

 

Autores: Inés Aguilar , Alejandro Alfayate, Manuel Higinio Alfonso, Violeta Alonso, Roberto Álvarez-Prechous, Inés Amado, Sara Amil, Patricia Amor, Rosalía Amor, Blanca Arrieta, Emilio de Aspe, Christian Atienza, Carlos Babío, Beatriz Barral, Lucía Barros, Paloma Benzo, David Boo, Daniel Bouza, Miguel Camarero, Manuel Candal, Borja Canto, Juan Francisco Carró, Pablo Castro, Manuel Corredoria, Fernando Cuadrado, Alba Díaz, Blanca Domínguez, José María Eiriz, Rosalía Eiroa, Adriana Escudero, Carlos Estévez, Jenaro Fernández, Aurelio Fernández, Laura Fernández, Lucía Fernández-Porto, Ana Freire, Ana Fuentes, Mateo Fuentes, Icía García, Ignacio García, Antía García, Cristina García, Natalia García, Claudio Gilsanz, Marlem Gomá,  Vicente Gómez, Lis González, Adrián González, Francisco González-Cebrián, Cristina Herranz, Ignacio de la Iglesia, Beatriz Juane, Víctor Hugo Lago, Illán Lois, Thais López, Paloma López, Miriam López, Lidia López, Luis López, Gonzalo López, José Luis Manso, Gabriela Mariño, Antía Martínez, Roberto Mesejo, Carlota Miñambres, Manuel Molina, Alba Molinero, Alejandro Molpeceres, Blanca Monteoliva, Manuel Montero, Remedios Moreno, Fernando Morgade, José Morado, María Encina Mosquera, Sofía Moyano, Joaquín Nieves, Pablo Otero, Antolín Pardo, Ramón Paredes, Marcelino Parga, Hugo Paso, Juan Antonio Pedre, Iván Pena, Javier Pérez, Sabela Pérez, Paola, Pino, Jacobo Piñole. Coordenación: Efrén Vázquez
Ir ó comenzo