“Cancioneiro das Xubias”

(recopilación virtual para Trompiletras, dos trovadores

de 1º de bacharelato do colexio SMM-A Coruña, 2006)

 

 


1.- Pensando estou en ti

2.- Ai mar cando mo devolverás

3.- Volve pronto amigo

4.- Todo o que sei o desminto, amigo

5.- Ao meu amigo vin no mar

6. - Na Guerra de Salvaterra

7.- Ha de voltar, mai?

8.- Separados dende Xaneiro

9.- Marchou meu amigo

10.- Onde estabas amigo

11.- Hei de partir, meu amigo?

12.- Viaxe na esperanza

13.- Meus bosques galegos,

14.- Chorando ao meu amado

15.- Vexo as ondas no horizonte

16.- Discutín co meu amigo

17.- O mar leva…

18.- Esta noite lembreime do meu amigo

19.- Ti que vas alén dos mares

20.- Partiu meu amigo

21.- Meu amor soldado

22.- Mirando o verde prado

23.- Tornará meu amado?

24.-  Espertei soñando ledo amigo

25.- Polo sendeiro camiño               

26.- Quérote de verdade a ti meu amigo

27. - Non atopo a solución.

28.- Onde estás, meu amigo?

29.- Ao alba vereite

30.- Os loureiros do cómaro

31.- Oe vento do mar

32.- Volvbe, meu amigo!

33.- De quedaren en Ribeira

34.- Marchaches á guerra, meu amigo

35.- Ai miña nai, chegou meu amigo

36.- Se non está meu amigo,

37.- Estando eu na praia de Viveiro

38.- Achégate axiña ó meu carón

39.- Ao meu amigo

40.- Ai meu amado

41.- Se te vas meu amigo

42.- O meu amado está apresado,

43.- Volve meu amigo

44.- Contádeme verdes ramos,

45.- Como extraño a meu amigo

46.- Moito pasou dende a

47.- Nos meus soños vino,

48.- Sigo esperando por el


 

 

Subir

 

 

 

1.- Pensando estou en ti

 

Pensando estou en ti,

querendo non morir

estou soñando sen vivir.

 

Estou en ti pensando

morir non quero

estou soñando sen vivir.

 

Estou pensando en ti

co meu amigo quero morir

estou soñando sen vivir.

 

Desexo encontrarme contigo

esperame pronto meu amigo

estou soñando sen vivir.

 

Subir

 

2.- Ai mar cando mo devolverás

 

Ai mar cando mo devolverás,

eu xa non podo vivir sen o meu amigo

as túas ondas mo levaron

            pero cando regresará.

 

Cando o deixarás volver

necesito da presenza do meu amigo

as túas ondas mo levaron

            pero cando regresará.

 

Eu xa non podo vivir sen o meu amigo

porque mo levaches, cal é a túa razón

            as túas ondas mo levaron

            pero cando regresará.

 

Necesito da presenza do meu amigo

se non mo devolves, vou ter que ir buscalo

            as túas ondas mo levaron

            pero cando regresará.

 

Subir

 

3.- Volve pronto amigo

 

Xa marchou o meu amado,

Non poderei estar ao seu lado.

Volve pronto meu amigo.

 

Xa marchou o meu amigo,

non poderá estar comigo.

Volve pronto meu amigo.

 

Non poderei estar ao seu lado,

Para sempre teño que olvidalo.

Volve pronto meu amigo.

 

Non poderá estar comigo,

Para sempre deixalo debo no olvido.

Volve pronto meu amigo

 

Subir

 

4.- Todo o que sei o desminto, amigo

 

Todo o que sei o desminto, amigo

Que non me gusta estar mal contigo

Meu desexo é verte feliz

 

É mentira o que estarán dicindo

Eu quero seguir contigo rindo

Meu desexo é verte feliz

 

Que non me gusta estar mal contigo

Aínda que se enoxen seguirei vivindo

Meu desexo é verte feliz

 

Eu quero seguir contigo rindo

Aínda que se enoxen seguirei vivindo

Meu desexo é verte feliz

 

Subir

 

5.- Ao meu amigo vin no mar

 

Ao meu amigo vin no mar

e eu tentei saltar

e as ondas viñeron

 

Alí no mar o meu amigo

e saltar era o meu cometido

e as ondas viñeron

 

e eu  tentei saltar

e coa miña vida fun acabar

e as ondas viñeron

 

e saltar era o meu cometido

aínda que eu xa non estaba vivo

e as ondas viñeron.

 

Subir 

 

6. - Na Guerra de Salvaterra

 

O meu probe amigo marchouse á guerra

Para loitar co arco , o coitelo ou pedra

Voltará meu amigo de Salvaterra?

                          

Marchándose á guerra se foi meu amado

Cargando coas armas , montao no cabalo

Voltará meu amigo de Salvaterra?

                          

Para loitar co arco , o coitelo e a pedra

Deixoume soíña chorando de pena          

Voltará meu amigo de Salvaterra?

 

Cargando coas armas, montado na besta

Deixándome soa, cuidando da cesta

Voltará meu amigo de Salvaterra?

 

Subir

 

7.- Ha de voltar, mai?

 

Vin un cervo onte

o meu amigo non era.

ha de voltar , mai?

 

Vin un cervo no monte

o meu amigo me esquecera.

ha de voltar , mai?

 

O meu amigo non era

amárgome soa coa pena

ha de voltar , mai?

 

O meu amigo me esquecera

amárgome coa tristura da espera

ha de voltar , mai?

 

Subir

 

8.- Separados dende Xaneiro

 

Separados dende Xaneiro

volta o meu amigo

e non dixarei de velo

 

Dende Xaneiro separados

volta o meu amado

e non dixarei de velo

 

Voltan meu amigo

os abrazos e os bicos

e non deixarei de velo

 

Votan meu amado

os bicos e abrazos

e non dixarei de velo

 

Voltan os abrazos e bicos

do meu sol e amigo

e non deixarei de velo

 

Voltan os bicos e abrazos

do meu sol enamorado

e non deixarei de velo.

 

Subir

 

9.- Marchou meu amigo

 

Marchou meu amigo

mais non o olvido

Quéroche meu amado

 

Marchou meu amado

mais non o olvido

Quéroche meu amado

 

Mais non o olvido

sempre afastado  

Quéroche meu amado

 

Mais non olvidado

sempre fuxido.

Quéroche meu amado

 

Subir

 

10.- Onde estabas amigo

 

Onde estabas amigo.

Que non viñeches ao mar comigo.

Pero eu espero

 

Onde estabas meu amado.

Que non viñeches comigo a nado.

Pero eu espero

 

Non viñeches ao mar comigo,

Polo teu señor fuches requirido

Pero eu espero

 

Non viñeches comigo a nado,

Polo que tiñas que ter traballado

Pero eu espero

 

Subir

 

11.- Hei de partir, meu amigo?,

 

Hei de partir, meu amigo?,

senón todo irá pra o olvido.

Se ti vas, eu vou.

 

Hei de partir ó teu lado?,

senón deixaremos de lembralo.

Se ti vas, eu vou.

 

Senón todo irá pra o olvido,

só quedarán as costas de Vigo.

Se ti vas, eu vou.

           

Senón deixaremos de lembralo,

só quedará o mar embravucado.

Se ti vas, eu vou.

 

Só quedarán as costas de Vigo,

marcharei contigo, meu amigo.

Se ti vas, eu vou.

 

Só quedará o mar embravucado,

marcharei contigo, meu amado.

Se ti vas, eu vou.

 

Subir

 

12.-  Viaxe na esperanza

 

Mañá virás comigo

partirás meu amigo

Boas novas polo mar

 

Cando o sol dea saído

iremos os dous a Vigo

Boas novas polo mar

 

Partirás meu amigo

xuntos co mar e o río

Boas novas polo mar

 

Iremos os dous a Vigo

ámbolos co mar e contigo

Boas novas polo mar

 

Subir

:

13.- Meus bosques galegos,

 

Meus bosques galegos,

Ónde está o meu amigo.

Deixame abandonada coma un cadelo.

 

Meus carballos amados,

Ónde está escondido.

Deixame abandonada coma un cadelo.

 

Ónde está o meu amigo,

¿Por que non está comigo?

Deixame abandonada coma un cadelo.

 

Ónde está escondido,

¿Con quen está o meu querido?

Deixame abandonada coma un cadelo.

 

Subir

 

14.- Chorando ao meu amado

 

Chorando ao meu amado

sobre un chan mollado

e volverei namorarme.

 

Ao meu amado chorando

sobre un chan brando

e volverei namorarme.

             

Sobre un chan mollado

levo moito chorado

e volverei namorarme.

 

Sobre un chan brando

o tempo vai pasando

e volverei namorarme.

 

Subir

 

15.- Vexo as ondas no horizonte

 

Vexo as ondas no horizonte

Dende a ermida no monte

Amigo estás tan lonxe

 

Vexo as ondas cunha perspectiva

No monte dende a ermida

Amigo estás tan lonxe

 

Dende a ermida no monte

Irmá marcho como onte

Amigo estás tan lonxe

 

No monte dende a ermida

Irmá marcho coa ilusión perdida

Amigo estás tan lonxe

 

Irmá marcho como onte

lembrando a despedida na ponte

Amigo estás tan lonxe

 

Irmá marcho coa ilusión perdida

Na ponte lembrando a despedida

Amigo estás tan lonxe

 

Subir

 

16.- Discutín co meu amigo,

 

Discutín co meu amigo,

enfadado foise a Vigo.

Volve comigo amigo

Regresa ao meu lado amado.

 

Peleeime co meu amado,

a Vigo marchou enfurruñado.

Volve comigo amigo

Regresa ao meu lado amado.

 

Enfadado foise a Vigo,

teño que falar co meu amigo

Volve comigo amigo

Regresa ao meu lado amado.

 

A Vigo marchou enfurruñado

debo falar co meu amado.

Volve comigo amigo

Regresa ao meu lado amado.

 

Subir

 

17.- O mar leva…

 

O mar levou ó meu amigo

A miña vida perde o sentido

O mar leva mais non trae

 

Ó mar partiu meu vasaio

Razón para vivir xa non traio

            O mar leva mais non trae

 

A miña vida perde o sentido

Hei de buscar ó meu perdido

            O mar leva mais non trae

 

Razón para vivir xa non traio

Non hai de espranza un raio

            O mar leva mais non trae

 

Hei de buscar ó meu perdido

O meu corazón vexo raído

            O mar leva mais non trae

 

Non hai de espranza un raio

¡volve pronto meu lacaio!

            O mar leva mais non trae

 

O meu corazón vexo raído

O mar arrebatoume ó meu querido

            O mar leva mais non trae

 

Volve pronto meu lacaio,

Mañán antes de que cante o galo

            O mar leva mais non trae

 

Subir

 

18.- Esta noite lembreime do meu amigo

 

Esta noite lembreime do meu amigo

e sentínme baleira e con frio

irmá, cando volverá meu amigo?

cando volverá comigo?

                                         

Esta noite lembreime do meu amado

e sentín a falta do calor ao meu lado

irmá, cando volverá meu amigo?

cando volverá comigo?

                                          

 Sentinme baleira e con frio

 pero por máis que eu quero non o olvido

            irmá, cando volverá meu amigo?

            cando volverá comigo?

                                             

Sentín a falta do calor ao meu lado

pero por mais que eu quero, con el sigo soñando

irmá, cando volverá meu amigo?

cando volverá comigo?

 

Subir

 

19.- Ti que vas alén dos mares

 

Ti que vas alén dos mares

E abandonaches os nosos lares

Por que te fuches, amigo?

 

Ti que estás no estranxeiro

E abandónasnos en febreiro

Por que te fuches, amigo?

 

E abandonaches os nosos lares

Quizáis conmigo, ti soñares

Por que te fuches, amigo?

 

E abandónasnos en febreiro

soñarás conmigo, mariñeiro

Por que te fuches, amigo?

 

Subir

 

20.- Partiu meu amigo

 

Partiu meu amigo

Mais estará comigo

Espérote en Vigo

 

Marchou meu amado

Mais ficará ó meu lado

            Espérote en Vigo 

 

Mais estará comigo

Por todo o vivido

Espérote en Vigo

                       

Mais ficará ómeu lado

Pois é o meu amado

            Espérote en Vigo 

 

Subir

 

21.- Meu amor soldado

                                                     

Á guerra marchou meu amado

no barco partiu do peirao

ouh, mar, tráemo de volta de contado

 

Á guerra marchou meu amigo

no barco partiu desde Vigo

ouh, mar, tráemo de volta de contado

 

No barco partiu do peirao

a miña pena vai ó seu lado

ouh, mar, tráemo de volta de contado

 

No barco partiu desde Vigo

a miña mágoa vai consigo

ouh, mar, tráemo de volta de contado

 

A miña pena vai ó seu lado

chorándo desde o peirao

ouh, mar, tráemo de volta de contado

 

A miña mágoa vai consigo

chorando ó meu amigo

ouh, mar, tráemo de volta de contado

 

Subir

 

22.- Mirando o verde prado

 

Mirando o verde prado

Pensaba no meu amigo

¿onde andará?

 

Mirando o ceo despexado

Pensaba no meu amado

¿onde andará?

 

Pensaba no meu amigo

Ese que me enganou cando falou conmigo

¿onde andará?

 

Pensaba no meu amado

Ese que me enganou co seu pasado

¿onde andará?

 

Subir

           

23.- “Tornará meu amado?”

 

Na fonte lavo o meu cabelo

Pensando no amigo qu’anhelo,

E non tornará meu amado

quérote xa ó meu lado!

 

Os meus cabelos lavo na fonte

Pensando no meu amante,

            E non tornará meu amado

            quérote xa ó meu lado!

 

Pensando no amigo qu’anhelo

soño un bico de marmelo,

            E non tornará meu amado

            quérote xa ó meu lado!

 

Chorando polo meu amante

E soñando un bico apaixoante,

            E non tornará meu amado

            quérote xa ó meu lado!

 

Subir

           

24.-  Espertei soñando ledo amigo

 

Espertei soñando ledo amigo

lembrando aquela noite comigo

e vaia recordos aqueles

 

Espertei soñando amigo, ledo

lembrando aquela noite en Mondoñedo

            e vaia recordos aqueles

 

Lembrando aquela noite comigo

deséxote meu querido amigo

            e vaia recordos aqueles

 

Lembrando aquela noite en Mondoñedo

desexo meu amigo verte cedo

            e vaia recordos aqueles

 

Deséxote meu querido amigo

quero estar sempre contigo

            e vaia recordos aqueles

 

Desexo amigo verte cedo

quero estar contigo amigo ledo

            e vaia recordos aqueles

 

Quero estar sempre contigo

dende a noite de amor amigo

            e vaia recordos aqueles

 

Quero estar contigo amigo ledo

dende a noite de amor en Mondoñedo

            e vaia recordos aqueles

 

Subir

 

25.- Polo sendeiro camiño    

 

Polo sendeiro camiño

en busca do meu amiguiño

¿onde estará metido?

 

Vou polo sendeiro

en busca do meu compañeiro

¿onde estará metido?

 

En busca do meu amiguiño

vou eu polo camiño

¿onde estará metido?

 

En busca do meu compañeiro

estarei eu ata febreiro

¿onde estará metido?

 

Subir

 

26.- Quérote de verdade a ti meu amigo

 

Quérote de verdade a ti meu amigo

Oxalá te tivese aquí comigo

Corazón malferido

 

Quérote de verdade a ti meu amado

Oxalá te tivese aquí ó meu lado

            Corazón malferido

 

Oxalá te tivese aquí comigo

E poder soñarte meu amigo

            Corazón malferido

 

Oxalá te tivese ó meu lado

E poder soñarte meu amado

Corazón malferido

 

Subir

 

27. -  Non atopo a solución.

 

A miña vida cambia meu amigo

Cando ti non estás comigo

E non atopo a solución.

 

Todo é diferente meu amor

Cando ti non estás ó meu carón

E non atopo a solución.

 

Cando ti non estás comigo

A nada lle atopo sentido

E non atopo a solución.

 

Cando ti no estás ó meu carón

Sólo vexo as miñas preocupacións

E non atopo a solución.

 

A nada lle atopo  sentido

e sempre caio no olvido

E non atopo a solución.

 

Sólo vexo as miñas preocupacións

e sólo sento moita, moita dor                               

E non atopo a solución.

 

Subir

 

28.- ¿Onde estás, meu amigo?

 

Na Rúa Real quedaches comigo

Ondes estás, meu amigo?

Esperareite no banco escondido

 

Comigo quedaches na rúa do lado

Onde estás, meu amado?

Esperareite no banco escondido

 

Onde estás, meu amigo?

Foiche doado deixarme no olvido

Esperareite no banco escondido

 

Onde estás, meu amado?

No olvido deixarme foiche doado

Esperareite no banco escondido

 

Foiche doado deixarme no olvido

E só ó teu lado vivo

Esperareite no banco escondido

 

No olvido deixarme foite doado

morro se no estou ao teu lado

Esperareite no banco escondido.

 

Subir

 

29.- Ao alba vereite

 

Non sei se o sabes amigo

O longa que se me fai a noite

Ao alba vereite

 

Non sei se entendes amado

O longa que se me fai a escuridade

Ao alba vereite

 

O longa que se me fai a noite

Sen teus beizos no meu cabelo

Ao alba vereite

 

O longa que se me fai a escuridade

Sen sentir o teu corazón preto de mín

Ao alba vereite

 

Subir

 

30.- Os loureiros do cómaro

 

Loureiros do verde arredor

a mágoa q´ eu teño non é menor

Onde andara meu amigo…

Agora?

 

Loureiros do verde amparo,

por el choro sen reparo…

Onde andara meu amigo…

Agora?

 

A mágoa q´eu teño non é menor

e del nunca sabedes, no arredor

Onde andara meu amigo…

Agora?

 

Moito por el choro sen poder parar

E non sabedes se é na terra ou no mar

Onde andara meu amigo…

Agora?

 

Subir

 

31.- Oe vento do mar

 

Oe vento do mar

deixoume só o amar

marchou meu amigo

 

Vento, ondas do mar

deixou a paixón no ar

marchou meu amigo

 

Deixoume só o amar

súa marcha vou cantar

marchou meu amigo

 

Deixou a paixón no ar

eu o vin marchar

marchou meu amigo

 

Súa marcha vou cantar

¿canto ha tardar?

marchou meu amigo

 

Eu o vin marchar

¿canto vou agardar?

marchou meu amigo

 

Subir

 

32.- Volve, meu amigo!

 

Cando a A Coruña volvas,

bañarémonos nas ondas

miña irmá, e se non vén meu amigo?

 

Cando xa esteas aquí de volta,

bañarémonos na praia das rochas

miña irmá, e se non vén meu amigo?

 

Bañarémonos nas ondas,

onde o mar non nos cobra

miña irmá, e se non vén meu amigo?

 

Nadaremos na praia das rochas,

onde o auga ata a testa nos cobra

miña irmá, e se non vén meu amigo?

 

Subir

 

33.- De quedaren en Ribeira

 

De quedaren en Ribeira

estarías aquí á miña veira,

volve amigo meu!

 

Se non tiveses marchado

sentiríate ao meu lado,

volve amigo meu!

 

Estarías aquí á miña veira

na fermosa primaveira,

volve amigo meu!

 

Sentiríate ao meu lado

e serías meu amado,

volve amigo meu!

 

Na fermosa primavera

amado eu estremecera,

volve amigo meu!

 

Serías o meu amado

e nunca te sentirías abandoado,

volve amigo meu!

 

Subir

 

34.- Marchaches á guerra, meu amigo

 

Marchaches á guerra, meu amigo

Non sei se vas volver comigo

Espértame cando volvas, meu amor

 

Marchaches á guerra, meu amado

Non sei se vas volver ó meu lado

            Espértame cando volvas, meu amor

 

Non sei se vas volver comigo

Teño esperanza de verte outra vez, meu amigo

            Espértame cando volvas, meu amor

 

Non sei se vas volver ó meu lado

Teño esperanza de ve-lo teu regreso, meu namorado

            Espértame cando volvas, meu amor

 

Subir

 

35.- Ai miña nai, chegou meu amigo

 

Ai miña nai, chegou meu amigo

con gran espada veu dende Vigo

guiareino nos montes

 

Ai miña nai, chegou meu amado

con gran espada veu a cabalo

guiareino nos montes

 

Con gran espada veu  a cabalo

de lonxe veu moito o hei esperado

guiareino nos montes

 

De lonxe veu para darme outro fillo

non voltará arrepentido

guiareino nos montes

 

De lonxe veu moito einho esperado

non voltará  sen regalo

guiareino nos montes

 

Non voltará arrepentido

vaino pasar ben comigo

guiareino nos montes

 

Non voltará  sen ragalo

pasarao ben ao meu lado

guiareino nos montes

 

Vaino pasar ben comigo

farei que solte un suspiro

guiareino nos montes

 

Pasarao ben  ao meu lado

fareille cantar  namorado

guiareino nos montes

 

Fareille que solte un suspiro

tamén cando volte a Vigo

guiareino nos montes

 

Farille cantar  namorado

tamén cando volte a cabalo

guiareino nos montes

 

Subir

 

36.- Se non está meu amigo,

 

Se non está meu amigo,

quen estará comigo

¡oh! Meu amado

 

Sen meu amado,

quen estará ó meu lado

            ¡oh! Meu amado

 

Quen estará comigo,

sen presenza do meu amigo

¡oh! Meu amado

 

Quen estará ó meu lado,

soa sen meu amado

¡oh! Meu amado

 

Subir

 

37.- Estando eu na praia de Viveiro

 

Estando eu na praia de Viveiro

vin marchar ó meu mariñeiro.

Dende a marcha do meu amigo

meu corazón, non está vivo

 

Estando eu mirando ó mar

xa non sei o que pensar

Dende a marcha do meu amigo

meu corazón non está vivo.

 

Xa non sei que pensar

se algún día el chegará

Dende a marcha do meu amigo

meu corazón, non está vivo

 

Subir

 

38.- Achégate axiña ó meu carón

 

Achégate axiña ó meu carón

ven amigo, ven sen temor,

non temas fuxir do dolor.

 

Apresa corre ó meu lado

ven amado, ven sen pudor,

non temas fuxir do dolor.

 

Ven amigo, ven sen temor

eu douche as chaves do meu corazón,

non temas fuxir do dolor.

 

Ven amado, ven sen pudor

quéroche amosar o meu interior,

non temas fuxir do dolor.

 

Subir

 

39.- Ao meu amigo

 

Ao meu amigo

Quéroo comigo

                  E pronto será meu

 

Ao meu amado

Quéroo demasiado

                   E pronto será meu

 

Quéroo comigo

E xa parece excesivo

                  E pronto será meu

 

Quéroo demasiado

Xa que é moi doado

                  E pronto será meu

 

E xa parece excesivo

Querer ao me amigo

                  E pronto será meu

 

Xa que é moi doado

Quero ao meu amado

                  E pronto será meu

 

Subir

 

40.-  Ai meu amado

 

Ai meu amado

Volve a meu lado.

¡canto te extraño

canto te amo!

 

Quero os teus beizos

Desexo os teus abrazos

¡canto te extraño

canto te amo!

 

Volve a meu lado

Por favor meu amado

¡canto te extraño

canto te amo!

 

Desexo os teus abrazos

Vivir no teu regazo

¡canto te extraño

canto te amo!

 

Subir

 

41.- Se te vas meu amigo

 

Se te vas meu amigo

todo perde o sentido

               perdida estou sen ti

 

Se te vas meu amado

nada parece doado

              perdida estou sen ti

 

Todo perde o sentido

cando non estás comigo

              perdida estou sen ti

 

Nada parece doado

se non estás ao meu lado

             perdida estou sen ti

 

Subir

 

42.- O meu amado está apresado,

 

O meu amado está apresado,

Non podo ir  buscalo sen un visado.

Polo que vexo, meu amado,

nos separaron.

 

Teño que estar co meu amado

Xa non podo besalo.

            Polo que vexo, meu amado,

nos separaron.

 

Non podo ir  buscalo sen un visado.

Iso agora dame igual, quedas avisado.

Polo que vexo, meu amado,

nos separaron.

           

Xa non podo besalo,

O noso amor parece malo.

Polo que vexo, meu amado,

nos separaron.

 

Subir

 

43.- Volve meu amigo

 

Volve meu amigo

Anhelo o teu soriso

Quero estar contigo

 

Regresa ó meu amado

Desexo estar ó teu lado

Quero estar contigo

 

Anhelo o teu soriso

Volve da guerra amigo

Quero estar contigo

 

Desexo estar ó teu lado

Volve de contado

Quero estar contigo

 

 Subir

 

44.- Contádeme verdes ramos,

 

Contádeme verdes ramos,

onde vai o meu amado?

Pídolle a Deus que veña cedo!

 

Dicídeme tristes olivos,

onde vai o meu amigo?

Pídolle a Deus que veña cedo!

 

Onde vai o meu amado?

Aquel que coidei tanto.

Pídolle a Deus que veña cedo!

 

Onde vai o meu amigo?

Aquel que fuxiu comigo.

Pídolle a Deus que veña cedo!

 

 Subir

 

45.- Como extraño a meu amigo

 

Como extraño a meu amigo

el que marchou de Vigo

Xa non volverá

Xa non me recordará

 

No pasado

Foi o meu amado

Xa non volverá

Xa non me recordará

 

El marchou de Vigo

E deixoume no olvido

Xa non volverá

Xa non me recordará

 

Foi o meu amado

Marchouse con coidado

Xa non volverá

Xa non me recordará

 

 Subir

 

46.- Moito pasou dende a

 

Moito pasou dende a derradeira vez que ilumináchesme o corazón.

Xa non te vexo, morro sen ti meu amor.

¡Bótote de menos  amigo!

 

Recordo aquel momento cheo de paixón.

Con gañas de verte estou, non teño temor.

¡Bótote de menos amigo!

 

Xa non te vexo, morro sen ti meu amor.

Quero que esteas ó meu carón.

¡Bótote de menos amigo!

 

Con gañas de verte estou, non teño temor.

So ti podes curar o meu triste corazón.

¡Bótote de menos amigo!

 

 Subir

 

47.- Nos meus soños vino,

 

Nos meus soños vino,

era o meu amigo

Non te vaias, queda aquí

  

Vino nos meus soños,

era o meu amado

Non te vaias, queda aquí

 

Era o meu amigo,

o que quería estar comigo

Non te vaias, queda aquí

 

Era o meu amado,

o que comigo quería estar

Non te vaias, queda aquí.

 

 Subir

 

48.- Sigo esperando por el

 

Sigo esperando por el

xa ven polo mar aquel,

espero sempre tranquilo.

 

Esperando por el sigo

xa ven polo mar en perigo,

            espero sempre tranquilo.

 

Xa ven polo mar aquel

ven no barco, ven nel,

            espero sempre tranquilo.

 

Xa ven polo mar en perigo

ven no barco, meu amigo,

            espero sempre tranquilo.

 

Ven no barco, ven nel

o meu amigo aquel,

            espero sempre tranquilo.

 

Ven no barco, meu amigo

xa ven polo en perigo,

            espero sempre tranquilo.

Subir

 

Os trovadores deste cancioneiro, todos eles da corte de Trompiletras, son: Jorge Aboal Salvador, Luis Álvarez Salvadó, Yago Amor Agudo, Carlos del Bado López, Alejandro Barca Fernández, Jorge Barreiro Mata, Laura de Benito Maceiras, Javier Berdía Ares, Javier de Blas Vences, Patricia Brea Fantáns, Germán Cachafeiro Baamonde, Cecilia Capelán Rodríguez, Pablo Caramés Catoira, Daniel Carballo Corral, María Caridad Rodríguez, María Castrillón Bruneti, Álvaro Cembranos López-Doriga, Ana Mª Cuadrado García, Pablo Díaz Pedreira, Lorenzo Domínguez García, Carlos Félez Carballada, Adrián Fernández Peteiro, Armando Fernández Rey, Iria Fernández Suárez, Ana Ferreiro-Rocha Pereira, Alberto Ferreño Rodríguez, Sonia Fraguela Santiago, Inés García Campos, Teresa García de Dios, Adrián García Rosato, Joseba Herranz Larrañeta, Fernando Hervada Pérez, Irene Hervada Rodríguez-Losada, Manuel Iglesias Ramos, Andrés Lois Bermejo, María López-Cedrún de la Viuda, Héctor Lorente Martínez, Amparo Malo Lara, Miguel Martínez Bruneti, Ana Méndez Sanchís, Lara Molinero Casal, Pablo Montero Prieto, Olalla Mosteiro Abad, Pablo Otero Pigueiras, Lorena Pabst Fernández, Pilar Paso Fariña, Lorena Pazos Rey, Álvaro J. Pérez Becerra, Ana Pérez Llavori. Coordinador: Efrén VV.

Voltar arriba