“Cancioneiro das Xubias”

IV entrega-recopilación virtual para Trompiletras, dos trovadores

de 1º de bacharelato do colexio SMM-A Coruña, 2012-13

 

 


1.- Ai meu amigo

2.- Amor meu. vivir lonxe de ti

3.- Vivo en vilo pola culpa do meu amigo

4.- Hoxe está no castelo

5.- Camiño a Ponferrada

6.- Non estiven contigo

7.- Souben ao mirar á lúa

8.- Dende que ocoñezo todo é diferente

9.- Ai nubes, ai nubes do ceo branco

10. Nunca tiven este sentimento

11.- Faro da Torre de Hércules

12.- Doce e suave coma unha flor

13.- Aquel día o vin sentado

14. - Xa nin sei cal é o camiño

15.- No meu corazón lévoche gardado

16.- Todas as noites, cando vai frío

17.- Onde estás meu amigo

18.- Vivo tola polo meu amado

19.- Onte fun a Vigo

20.- Alí estaba o meu amigo-

21.- Onte non te vin

22.- Hai tempo que xa non está comigo

23.- Aparecen nos meus soños

24.- Ai meu amigo, ai meu amado

25.- O rei de Galicia               

26.- O meu amigo lentamente veu

27.- Onte fun a andar

28.- Meu amigo, acórdaste de todo o vivido?

29.- Non fagas de morto

30.- Fundinme nas árbores

31.- Ai ondas, ai ondas do mar bravío

32.- Estiven falando co meu amigo

33.- Xa se foi o meu amigo

34.- Meu amigo canto te quero

35.- A súa mirada sácame o sorriso

36.- Antonte fuxiches

37.- Baixo a Lúa chea véxote

38.- Surca o mar no seu veleiro,

39. Ondas do azul Atlántico

40.- Vai o paxaro ó río-

41.- Onde estás meu amigo?

42.- Onte fun onde o río

43.- Aló ía no navío

44.- Estou xa cansa de esperar

45.- O destino fixo que partise á mar-

46.- Meu amigo

47.- Ese día estaba no porto

48.- Nun dia de sol radiante

 

Subir

 

1.- Ai meu amigo

 

Ai meu amigo, se souberas o que te quero,
o moito qe te voto de menos
volve xunto a min!

Ai meu amigo, se souberas cantas veces penso en ti,
o moito que me facías sentir
volve xunto a min!

O moito que te voto de menos,
o aguanto para os meus adentros
volve xunto a min!

O moito que me facías sentir
é todo o que quero vivir
volve xunto a min!

 

Subir

 

2.- Amor meu, vivir lonxe de ti

 

Amor meu, vivir lonxe de ti

non me permite morar feliz.

Ai Señor, que tristura a miña!

 

Amigo meu, estar tan distanciados

deixa o meu corazón enrugado.

Ai Señor, que tristura a miña!

 

Non me permite morar feliz

a soidade que sinto sen ti.

Ai Señor, que tristura a miña!

 

Deixa o meu corazón enrugado

e non ten cura, está desolado.

Ai Señor, que tristura a miña!

 

A soidade que sinto sen ti

mátame adentro con frenesí.

Ai Señor, que tristura a miña

 

E non ten cura, está desolado

xa que sofre e atópase agotado.

Ai Señor, que tristura a miña!

 

Mátame adentro con frenesí

debido a que non estás eiquí

Ai Señor, que tristura a miña!

 

Xa que sofre e atópase agotado

rógoche axuda para calmalo.

Ai Señor, que tristura a miña!

 

Subir

 

3.- Vivo en vilo pola culpa do meu amigo,

 

Vivo en vilo pola culpa do meu amigo,

que me tén atrapado o seu corpo divino,

¡Ai, Deus, por el faría calquera cousa!

 

Vivo en vilo pola culpa do meu amado,

que me tén atrapado o seu ser rebelado,

¡Ai, Deus, por el faría calquera cousa!

 

Que me tén atrapado o seu corpo divino,

e eu síntoo pero de verdade cho digo:

¡Ai, Deus, por el faría calquera cousa!

 

Que me tén atrapado o seu ser rebelado,

e eu síntoo pero de verdade o maldigo:

¡Ai, Deus, por el faría calquera cousa!

 

Subir

 

4.- Hoxe está no castelo

 

Hoxe está no castelo

baixo o tapiz amarelo

oxalá estivera aquí

 

Alí está o meu amigo

gustaríame que estivera conmigo

oxalá estivera aquí

 

Baixo o tapiz amarelo

frente á fiestra do castelo

oxalá estivera aquí

 

Gustaríame que estivera conmigo

o meu amado amigo

oxalá estivera aquí

 

Subir

 

5.- Ao meu amigo vin no mar

 

Camiño a Ponferrada

Noite estrelada

Vou quedar sen nada

Vai marchar o meu amigo.

 

Que farei sen vós

Morrerei sen amor

Non marches corazón

Vai marchar o meu amigo.

 

Camiño a Ponferrada

Eu en casa namorada

Ti lonxe na túa morada

Vai marchar o meu amigo.

 

Morrerei sen amor

Non verá o teu esplendor

Necesito o teu calor

Vai marchar o meu amigo.

 

Subir 

 

6. - Non estiven contigo,

 

Non estiven contigo,

sentino na-i-alma.

Onde estás meu amigo?

 

Non estiven naquel lugar,

sentino ó mirar o mar.

Onde estás meu amigo?

 

Sentino na-i-alma,

cando todo estaba en calma.

Onde estás meu amigo?

 

Sentino ó mirar o mar,

cando o mar estaba de vagar.

Onde estás meu amigo?

 

Subir

 

7.- Souben ao mirar á lúa

 

Souben ao mirar á lúa

Que só quero ser túa

Mais me miras e non me ves.

 

Es ti o que quero

pero non te obteño

mais me miras e non me ves.

 

Só quero ser túa

E bailar á luz da lúa

Mais me miras e non me ves.

 

Pero non te obteño

Así que aquí te espero

Mais me miras e non me ves.

 

Subir

 

8.- Dende que o coñezo todo é diferente

 

Dende que o coñezo todo é diferente

Aínda que fáltame algo

Non podo vivir sen el!

 

Dende que o coñezo todo é mellor

Aínda que me fálta el

Non podo vivir sen el!

 

Aínda que me fálta algo

Que é o seu amor

Non podo vivir sen el!

 

Aínda que me fálta el

Que é o amigo máis fiel

Non podo vivir sen el!

 

Subir

 

9.- Ai nubes, ai nubes de ceo branco

 

Ai nubes, ai nubes de ceo branco

choiva que cae polo barranco

Ai Deus.

 

Ai nubes de ceo escuro

choiva que cae polo muro

Ai Deus.

 

Choiva que cae polo barranco

molla, molla o meu banco

Ai Deus.

 

Choiva que cae polo muro

molla, molla o meu futuro

Ai Deus.

 

Subir

 

10.- Nunca tiven este sentimento

 

Nunca tiven este sentimento,

necesito do seu alento.

Ai meu amigo,

se estiveras conmigo.

 

Nunca sentín nada semellante,

coma aquel soñado instante.

Ai meu amigo,

se estiveras conmigo.

 

Necesito do seu alento,

tanto coma dese momento.

Ai meu amigo,

se estiveras conmigo.

 

Coma aquel soñado instante,

no que te tiven a ti diante.

Ai meu amigo,

se estiveras aquí conmigo.

Subir

 

11.- Faro da Torre de Hércules,

 

Faro da Torre de Hércules,

enfocaches ó meu namorado?

Cres que se terá afogado?

 

Garda da cidade herculina,

trouváche-lo meu amigo?

Cres que se terá afogado?

 

Enfocaches ó meu namorado?

Ai Deus! Habíano avisado!

Cres que terá vivo?

 

Trouváche-lo meu amigo,

polo que eu daría a vida?

Cres que se terá afogado?

 

Subir

 

12.-  Doce e suave coma unha flor

 

Doce e suave coma unha flor,

vin o co seu propio resplandor.

Amigo, quérote e vivo.

 

Doce e suave coma un beso,

durmo constante e non ceso.

Amigo, quérote e vivo.

 

Vin o co seu propio resplandor,

e procuroume moita dor.

Amigo, quérote e vivo.

 

Durmo constante e non ceso,

dos teus ollos me embeleso.

Amigo, quérote e vivo.

 

Subir

:

13.- Aquel día o vin sentado

 

Aquel día o vin sentado,

parecía namorado

Ai meu amado

 

Aquel día o vin tumbado,

sobre o xardín mollado

Ai meu amado

 

Parecía namorado,

pois suspiraba ilusionado

Ai meu amado

 

Sobre o xardín mollado,

estaba meu namorado

Ai meu amado

 

Pois suspiraba ilusionado

por unha dama sentada ao seu lado

Ai meu amado

 

Estaba meu namorado suspirando,

cal xove engaiolado

Ai meu amado

 

Por unha dama sentada ao seu lado,

que se colocaba o tocado

Ai meu amado

 

Suspirando, cal xove engaiolado

estaba meu amado

Ai meu amado

 

Subir

 

14.- Xa nin sei cal é o camiño

 

Xa nin sei cal é o camiño

Necesito o teu cariño

Meu amigo onde ti estarás

 

Xa nin sei onde buscarte

Agora anelo besarte

Meu amigo onde ti estarás

 

Necesito recordarte

Este amor vai a matarme

Meu amigo onde ti estarás

 

Anelo poder tocarte

Hoxe teño que encontrarte

Meu amigo onde ti estarás

Subir

 

15.- No meu corazón lévoche gardado

 

No meu corazón lévoche gardado,

Coma se fora un pitiño nun pano

Ai, que será de min sen ti!

 

No meu corazón lévoche meu amigo,

Coma se foras comigo no camiño

Ai, que será de min sen ti!

 

Coma se fora un pitiño nun pano

Eu espéroche meu amado.

Ai, que será de min sen ti!

 

Coma se foras comigo no camiño,

Eu espéroche, volve a modiño.

Ai, que será de min sen ti!

 

Subir

 

16.- Todas as noites, cando vai frío

 

Todas as noites, cando vai frío,

penso nel, no meu querido.

Onde estás? Ti, meu amigo.

 

Todas as noites, co rocío,

pregúntome se estarás vivo.

Onde estás? Ti, meu amigo.

 

Penso nel, no meu querido.

Necesito o teu cariño.

Onde estás? Ti, meu amigo.

 

Pregúntome se estarás vivo.

Ninguén comprende como me sinto.

Onde estás? Ti, meu amigo.

 

Subir

 

17.-Onde estas meu amigo

 

Onde estas meu amigo

Sal de aí e ven conmigo

Onde estarás?

 

Onde estas meu namorado

Quero verte o meu costado

Onde estarás?

 

Sal de aí, ven conmigo

Ven correndo entre trigo

Onde estarás?

 

Quero verte o meu costado

Ven sen deixarme plantado

Onde estarás?

 

Subir

 

18.- Vivo tola polo meu amado

 

Vivo tola polo meu amado

o seu amor tenme preocupado

¡Ai amor!

 

Vivo tola polo meu amigo

o seu amor tenme en vilo

¡Ai amor!

 

O seu amor tenme preocupado

Penso que é un amor estrelado

¡Ai amor!

 

O seu amor tenme en vilo

Xoán é o nome do meu amigo

¡Ai amor!

 

Subir

 

19.- Onte fun a Vigo

 

Onte fun a Vigo

non vin ao meu amigo

Que lle vou facer?

 

Onte fun a festa

non o vin pola fiestra

Que lle vou facer?

 

Non vin ao meu amigo

aínda que levaba o seu abrigo

Que lle vou facer?

 

Non o vin pola fiestra

mentres tomaba a merenda

Que lle vou facer?

 

Subir

 

20.- Partiu meu amigo

 

Alí estaba o meu amigo

Parecía un feitizo

El era o meu amor.

 

Alí, bonito coma as follas de outono

Parecía un máxico e precioso sono

El era o meu amor.

 

Parecía xa bastante tarde

E acabouse o magnífico baile

El era o meu amor.

 

Parecía que si que era de verdade

E acabouse facendo realidade

El era o meu amor.

 

Subir

 

21.- Onte non te vin

                                                     

Onte non te vin

Fuxiches de min

Meu amigo querido

 

Tesme namorado

Sonríe meu amado

Meu amigo querido

 

Fuxíches de min

Chegou o meu fin

Meu amigo querido

 

Sonríe meu amado

Deixáchesme trastocado

Meu amigo querido

 

Subir

 

22.- Hai tempo que xa non está comigo

 

Hai tempo que xa non está comigo

O último día que o vin, o maldigo

Voltarei a ver ao meu amigo?

 

Hai tempo que xa non está perdido

O último día que o vin, foi testigo

Voltarei a ver ao meu amigo?

 

O último día que o vin, o maldigo

foi todo un castigo

Voltarei a ver ao meu amigo?

 

O último día que o vin,

foi testigo non me levou consigo

Voltarei a ver ao meu amigo?

 

Subir

           

23.- Aparecen nos meus soños

 

Aparecen nos meus soños

Cada noite os teus ollos.

Ai, amigo! Se estiveses aquí comigo.

 

Aparecen nos meus prantos

Cada día os teus cantos.

Ai, amigo! Se estiveses aquí comigo.

 

Cada noite os teus ollos

Tortúranme cual escollos.

Ai, amigo! Se estiveses aquí comigo.

 

Cada día os teus cantos

Reconquístanme cual santos.

Ai, amigo! Se estiveses aquí comigo.

 

Subir

           

24.-  Ai meu amigo, ai meu amado

 

Ai meu amigo, ai meu amado,

non vivo sen ti ao meu lado!

Onde te atopas?

 

Ai meu amado, ai meu amigo,

non sinto sen ti o rocío!

Onde te atopas?

 

Non respiro sen ti amigo,

aquel por quen eu suspiro!

Onde te atopas?

 

Non respiro sen ti amado,

aquel por quen eu non vivo!

Onde te atopas?

 

Subir

 

25.- O rei de Galicia     

 

O rei de Galicia

Barcas mandou labrar

E nas barcas virán conmigo

Miña filla e noso amigo.

 

O rei de Galicia

Barcas mandou facer

E irán nas barcas conmigo

Miña filla e noso amigo.

 

Barcas mandou labrar

Para no mar adentrar

E irán nas barcas conmigo

Miña filla e noso amigo.

 

Barcas mandou facer

E no mar as meterei,

E irán nas barcas conmigo

Miña filla e noso amigo.

 

Subir

 

26.- O meu amigo lentamente veu

 

O meu amigo lentamente veu

mais coma sempre non comigo

por que a min?

 

O meu amigo lentamente cun sorriso

mais coma se non estivese fixo

por que a min?

Mais coma sempre non comigo

xa que acercarse non quixo

por que a min?

Mais coma se non estivese fixo

xa que non lle importa iso

por que a min?

Subir

 

27. -  Onte fun a andar

 

Onte fun a andar

na praza estabas a bailar.

E ti víchesme a min?

 

Onte fun a pasear

te quise bicar.

E ti víschesme a min?

 

Na praza estabas a bailar

e ali eu te falar.

E ti víchesme a min?

 

Te quise bicar

e ti queresme bicar.

E ti víchesme a min?

 

Subir

 

28.- Meu amigo, acórdaste de todo o vivido?

 

Meu amigo, acórdaste de todo o vivido?

que xa perdura no ouvido

que será de nos!

 

Meu amigo,acórdaste das noites en vela

do rico arroz con canela

que será de nos!

 

Que xa perdura no ouvido

este sentimento frío

que será de nos!

 

Do rico arroz con canela

que tomábamos na aldea

que será de nos!

 

Subir

 

29.- Non fagas de morto

 

Non fagas de morto

O que poidas facer de vivo

Imos pecar meu amigo

 

Chorei por ti na Lusitania

Chorei por ti na Hispania

Imos pecar meu amigo

 

Do que poidas facer de vivo

Non te has arrepentir

Imos pecar meu amigo

 

Chorei por ti na Hispania

Sollozei por ti na beira

Imos pecar meu amigo

 Subir

 

30.- Fundinme nas árbores

 

Fundinme nas árbores

Louvei as flores

Amei ó meu amigo

 

Fundinme co mar

Sen saber remar

Amei ó meu amigo

 

Louvei as flores

Que belas cores

Amei ó meu amigo

 

Sen saber remar

Deixeime levar

Amei ó meu amigo

 

Subir

 

31.- Ai ondas, ai ondas do mar bravío,

 

Ai ondas, ai ondas do mar bravío,

que sabedes vos do meu amigo?

Ai Deus, onde o levaches?

 

Ai ondas, ai ondas do mar pechado

Que sabedes vos do meu amado?

Ai Deus, onde o levaches?

 

Que sabedes vos do meu amigo?

Aquel que debía estar comigo.

Ai Deus, onde o levaches?

 

Que sabedes vos do meu amado?

Aquel que debía estar ao meu lado

Ai Deus, onde o levaches?

 

Subir

 

32.- Estiven falando co meu amigo

 

Estiven falando co meu amigo

Que bo é o meu ben querido

Xa o boto de menos!

 

Estiven onte xunto a el

Que bonito que me é

Xa o boto de menos!

 

Que bo é o meu ben querido

Ao que lle falo coma se fose meu amigo

Xa o boto de menos!

 

Que bonito que me é

Espero cedo estar con él

Xa o boto de menos!

 

Subir

 

33.- Xa se foi o meu amigo

 

Xa se foi o meu amigo

Iso pra min é un castigo

Cando volverás, cando volverás?

 

Xa se foi o meu amado,

Pra min eso é un desagrado

Cando volverás, cando volverás?

 

Iso pra min é un castigo!

Pero onde estás, meu amigo!

Cando volverás, cando volverás?

 

Pra min iso é un desagrado,

Onde estás meu namorado!

Cando volverás, cando volverás?

Subir

 

34.- Meu amigo canto te quero

 

Meu amigo canto te quero

tanto como a troita ao mero

O meu aigo.

 

Meu amigo canto te amo

tanto que che vou comprar um ramo

O meu amigo.

 

Tanto como a troita ao mero

eres o que mais quero

O meu amigo.

 

Tanto que che vou comprar um ramo

eres o meu namorado

O meu amigo.

 

Subir

 

35.- A súa mirada sácame o sorriso

 

A súa mirada sácame o sorriso

Non sei conquistalo, non sei diso

Meu amigo, meu amor.

 

A súa elegancia deslumbra

Non sei como sair desta penumbra

Meu amigo, meu amor.

 

Non sei conquistalo, non sei diso

Xa non sei como podo dicirllo

Meu amigo, meu amor.

 

Non sei como sair desta penumbra

Eu quero besalo antes de ir á tumba.

Meu amigo, meu amor.

 

Subir

 

36.- Antonte fuxiches

 

Antonte fuxiches

Meu amor rompiches

Non estás meu amigo

 

Antonte fuxiches

Miña alma feriches

Non estás meu amigo

 

Meu amor rompiches

Onde me viches

Non estás meu amigo

 

Miña alma feriches

moi lonxe corriches

Non estás meu amigo

 

Subir

 

37.- Baixo a Lúa chea véxote

 

Baixo a Lúa chea véxote

E simplemente quérote

Non o sabes meu amigo?

 

Baixo o Sol nacente

Sinto o teu bico inminente

Non o sabes meu amigo?

 

Baixo a choiva ácida

Vexo a túa ánima

Non o sabes meu amigo?

 

Subir

 

38.- Surca o mar no seu veleiro,

 

Surca o mar no seu veleiro,

o meu fermoso viaxeiro.

Meu Deus remataseme o tempo!

 

Surca o río na sua lanchiña,

mentres canta hacia a vida.

Meu Deus remataseme o tempo!

 

O meu fermoso viaxeiro,

desaparece nun momento.

Meu Deus remataseme o tempo!

 

Mentres canta hacia a vida,

o corazon morre axiña.

Meu Deus remataseme o tempo!

 

Subir

 

39.- Ondas do azul Atlántico

 

Ondas do azul Atlántico

Sabedes o porque do meu pranto?

Onde estara noso amigo...

 

ondas do vento galego

eu sei ben o que quero

onde estara noso amigo...

 

Sabedes o porue do meu pranto?

Pola ausencia do teu tacto

onde estara noso amigo...

 

Sabedes o porque da tristeza?

De pensar que nunca apareza

onde estara noso amigo...

 

Subir

 

40.-  Vai o paxaro ó río,

 

Vai o paxaro ó río,

vai rápido e cohibido.

E irei eu namorado.

 

Vai o amigo ó río,

vai rápido e cohibido.

E irei eu namorado.

 

Vai o amado

ansioso e desalmado.

E irei eu namorado.

 

Vai o amigo

Ansioso e desvalido.

E irei eu namorado.

 

Subir

 

41.- Onde estás meu amigo?

 

Onde estás meu amigo?

xa non vexo o teu abrigo,

mais sigo esperándote baixo o frío.

 

Onde estás meu amado?

Xa non te comportas coma no pasado,

Mais sigo esperándote baixo o frío.

 

Xa non vexo o teu abrigo,

non vexo o meu amigo,

mais sigo esperándote baixo o frío.

 

Xa non te comportas coma no pasado,

non vexo o meu amado,

mais sigo esperándote baixo o frío.

 

Subir

 

42.- Onte fun onde o río

 

Onte fun onde o río,

alí estaba o meu amigo.

Ai Deus que fago?

 

Onte fun ó campo,

case morro do espanto.

Ai Deus que fago?

 

Alí estaba meu amigo,

xogando onde o barranco.

Ai Deus que fago?

 

Case morro do espanto,

caeu polo barranco.

Ai Deus que fago?

 

Subir

 

43.- Aló ía no navío

 

I

Aló ía no navío

Polas rías de Vigo

Ai Deus meu amigo

 

Nese barco de madeira

E eu chorando na ribeira

Ai Deus meu amigo

 

Polas rías de Vigo

Xa marchaba meu amigo

Ai Deus meu amigo

 

E eu chorando na ribeira

Ouvindo a brisa mareira

Ai Deus meu amigo

 

Xa marchaba meu amigo

Afastábase a modiño

Ai Deus meu amigo

 

Ouvindo a brisa mareira

Fitei alí senlleira

Ai Deus meu amigo

 

Afastábase a modiño

Coma un Anxo, paseniño

Ai Deus meu amigo

 

Fitei alí senlleira

Coa mirada na cadeeira

Ai Deus meu amigo

 

II

Camiñaba paseniño

Nese corpo ben feitiño

Coma un anxo meu amigo

 

Paseaba engaiolado

Con ledicia meu amado

Coma un anxo meu amigo

 

Nese corpo ben feitiño

Camiñaba contentiño

Coma un anxo meu amigo

 

Con ledicia meu amado

Paseábase ó meu lado

Coma un anxo meu amigo

 

Camiñaba contentiño

E movíase a modiño

Coma un anxo meu amigo

 

Paseábase ó meu lado

Sen estaren namorado

Coma un anxo meu amigo

 

E movíase a modiño

Ai Deus meu amiguiño

Coma un anxo meu amigo

 

Sen estaren namorado

Marchouse do meu lado

Coma un anxo meu amigo

 

 Subir

 

44.- Estou xa cansa de esperar,

 

Estou xa cansa de esperar,

Meu amigo, cando virás?

Un segundo, unha eternidade

 

Xa máis non podo aturar

Meu amigo, cando aparecerás?

Un segundo, unha eternidade

 

Meu amigo, cando virás?

Pasa o tempo, déixame atrás

Un segundo, unha eternidade

 

Meu amigo, cando aparecerás?

Pasa rápido, e sen parar

Un segundo, unha eternidade

 

 Subir

 

45.- O destino fixo que partise á mar,

 

O destino fixo que partise á mar,

o único que podía amar.

Alí partiu meu amigo.

 

Da mar ninguén sole volver,

todos temos que descender.

Alí partiu meu amado.

 

O único que podía amar,

a marea tívolle que atopar.

Alí partiu meu amigo.

 

Todos temos que descender,

non lle podo esquecer.

Así perdín meu amado.

  Subir

 

46.- Meu amigo

 

Meu amigo

Sempre en mi cabeza está

E de alí non o podo sacar

É meu amigo, e nunca o podré olvidar

 

Sempre en mi cabeza anda

Día e noite, non o podo sacar

É meu amigo, nunca o podré olvidar

 

El robou o meu corazón

Foi de repente, sin ton ni son

É meu amigo, nunca o podré olvidar

 

El roboume a razón

Foi de repente, atravesoume o corazón

E meu amigo, nunca o podre olvidar

 

 Subir

 

47.- Ese día estaba no porto,

 

Ese día estaba no porto,

agardando o meu amado.

Tráeo enteiro mar picado!

 

Ese día estaba con frío,

agardando o meu amigo.

Tráeo enteiro mar picado!

 

Agardando o meu amado

estaba eu saloucando.

Tráeo enteiro mar picado!

 

Agardando o meu amigo,

o meu amor, o meu alivio.

Tráeo enteiro mar picado!

 

 Subir

 

48.- Nun dia de sol radiante

 

Nun dia de sol radiante

Fun cara o mar vixiante

Vinte pasar, meu amigo

 

Nun dia de lúa chea

Camiñando pola area

Vinte pasar, meu amigo

 

Fun cara o mar vixiante

Pensando no meu amante

Vinte pasar, meu amigo

 

Camiñando pola area

Sentín nos pés a marea

Vinte pasar, meu amigo

Subir

 

Os trovadores deste cancioneiro, todos eles da corte de Trompiletras, son:

 

Pedro Acebal, Antón Álvarez, Alberto Amigo, Anxo Arauxo, Anxo Balado, Beatriz Barro. Pablo Botas, Francisco Boville, Carolina Castro, Dolores Cobián, Sara Cudeiro, José Dalli, Carlota Díaz, Elena Díaz, Laura Edreira. Celia Eimil, Beatriz Fernández, Miguel García, Andrea García, Jorge García, Olga Gómez, Carlota Iglesias, José Iglesias, Jesús Lerones, Patricia López, Jesús López, Esteban Martínez, Camino Miñambres, Francisco Mosquera, Paloma Núñez, Emilio Osende, Paloma Pedreira, Paula Porta, Claudia Rama, Sara Reija, Luis Rey, Lucía Saavedra, Andrea Sánchez, Aída Sánchez, Jorge Sánchez, Belén Serra, Paula Tenreiro, Marina del Valle, Beatriz Varela, Gabriel Villares, Max Waser - Coordinador: Efrén VV.

Voltar arriba