Cantigas ó xeito medieval,

 

compostas polos alumnos de 1º de Bacharelato

do Colexio Santa María do Mar, outubro-decembro de 2002

 

 

1.-  A minha senhor non cansarei de mirar

2.-  Acórdome, meu amigo, cando miro a mar

3.-  Afastada do meu amor

4.-  Ai miña nai, queriache preguntar

5.-  Ai, miña naiciña, venme axudar

6.-  Amigo, ¡quérote  amigo!

7.-  Andoriñas do mar

8.-  Atendo eu polo meu amigo en Riazor,

9.-  Cando ía andando pola rúa,

10.- Chegou cantando ao amor,

11.- Co amor que eu sento,

12.- Con soamente mirarte os ollos

13.- Deixoume a noite tan soa...     

14.- Dime irmá, dime ti

15.- Esta noite soa estou

16.- Estaba eu esperando

17.- Estaba eu no alto mar,

18.- Estaba eu nunha pequena fraga

19.- Estaba eu paseando pola praia de Riazor

20.- Estaba eu sentada na veira do mar

21.- Estab´eu na ermida de Santa Clara

22.- Estando eu asomada ó balcón

23.- Estou triste e adoecida

24.- Eu amei o meu amigo

25.- Eu extrañábao e quería ir a romaría,

26.- Fixeime eu na miña senhor,

27.- Foise o meu amigo

28.- Hoxe descubrin que existe a alegría,

29.- Irmá, viche-lo meu amigo

30.- Irmanciña querida vaiamos para Vigo

31.- Madre, eu necesito saber

32.- Madre,nacín neste mundo, non sei se confundo as cores

33.- Meu amigo, as miñas xoias non son nada

34.- Meu amigo é pescador

35.- Meu amigo marchou ó mar

36.- Meu amigo marchou pola noite

37.- Meu amigo nunca me quererá

 

 

 

 

 

As cantigas da 38 á 73, na Segunda Parte,

para ve-las pincha  AQUÍ

 

 

 

 

 

 

PRIMEIRA PARTE  (1-37)

 

 

1.-  A minha senhor non cansarei de mirar

 

A minha senhor non cansarei de mirar

Eu so quero sonhar e desexar

Ninguen tant’amou senhor.

 

A minha senhor non cansarei de mirar

Pois o seu corpo non deixa de brilhar

Ninguen tant’amou senhor.

 

Eu so quero sonhar e desexar

S’algun dia te poderei ficar

Ninguen tant’amou senhor.

 

Corpo que non deixa de brilhar

O seu corpo nas ondas do mar

Ninguen tant’amou senhor.

 

S’algun dia te poderei ficar

eu non deixarei d’amar

Ninguen tant’amou senhor.

 

O seu corpo nas ondas do mar

Eu quixen probar

Ninguen tant’amou senhor.

 

 

Voltar arriba

 

 

2.-  Acórdome, meu amigo, cando miro a mar

 

Acórdome, meu amigo, cando miro a mar

dos teus bicos e non deixo de chorar      

¡Ai, miña nai, gostaríame poder disfrutar!

 

Acórdome, meu amigo cando oio o cantar

das noites pasadas e teño gran pesar

¡Ai, miña nai, gostaríame poder disfrutar!

 

Dos teus bicos e non deixo de chorar

Me lembro cando estou fronte a mar

¡Ai, miña nai, gostaríame  poder disfrutar!

 

As noites pasadas e teño gran pesar

E os teus bicos, meu amigo, non os quero lembrar

¡Ai, miña nai, gostaríame poder disfrutar!

 

 

 

Voltar arriba

 

 

3.-  Afastada do meu amor

 

Afastada do meu amor

paso a longa noite.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

Afastada do meu corazón

paso parte do día.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

Paso a longa noite

suspirando polo meu amado.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

Paso parte do día

lonxe do froito prohibido.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

Suspirando polo meu amado

escoito as aves dicir.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

Lonxe do froito prohibido

a dor faime chorar.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

Escoito as aves dicir

que nunca vas a chegar.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

A dor faime chorar

e sen ti non podo vivir.

¡Meu amigo! ¿onde estás?

 

 

Voltar arriba

 

 

4.-  Ai miña nai, queriache preguntar

 

Ai miña nai, queriache preguntar

meu amigo, ¿ónde está?

Ai miña nai, queroche dicir

que o meu amigo non está.

Marchouseme o meu amigo, ¿qué fará?

 

Ai miña nai, non sei que facer

polo meu amigo estou a sufrir

Ai miña nai, vou marchar

porque meu amigo non está

Marchouseme o meu amigo, ¿qué fará?

 

Ai miña nai, xa marchei

para o meu amigo atopar

Ai miña nai, non o atopei

e iso que ven busquei

Marchouseme o meu amigo, ¿qué fará?

 

 

Voltar arriba

 

 

5.-  Ai, miña naiciña, venme axudar

 

Ai, miña naiciña, venme axudar

Hoxe non podo parar de chorar

¿Por que non me quere meu amigo?

 

Ai, irmanciña, venme escoitar

A alguén llo teño que contar

         ¿Por que non me quere meu amigo?

 

Hoxe non podo parar de chorar

Xa que ó seu carón xamáis hei de estar

         ¿Por que non me quere meu amigo?

 

A alguén llo teño que contar

Esta doenza estame a matar

         ¿Por que non me quere meu amigo?

 

Xa que ó seu carón xamáis hei de estar

porque ten a outra moza a quen coidar

         ¿Por que non me quere meu amigo?

 

Esta doenza estame a matar

Tras moito pensalo, voume suicidar

 

 

Voltar arriba

 

 

6.-  Amigo, ¡quérote  amigo!

 

Amigo, ¡quérote  amigo!

¿Qué vou facer se non estas comigo?

Necesítote o meu lado

¿Onde estás, meu amado?

 

Amigo, quérote comigo,

Onde vaias eu te sigo.

De ninguén heime así namorado,

¿Onde estás, meu amado?

 

¿Que vou facer se non estas comigo?

Miña vida non terá sentido...

Nada será do meu agrado

Se non estas o meu lado.

¿Onde estás, meu amado?

 

Onde vaias eu te sigo,

Necesito estar contigo,

Necesítote o meu lado.

¿Onde estás, meu amado?

 

 

Voltar arriba

 

 

7.-  Andoriñas do mar

 

Andoriñas do mar

meu amigo amar

e irei ó camiño

 

Ponviñas da terra

meu amigo na serra

e irei ó camiño

 

Meu amigo na serra

a ponviña na terra

e irei ó camiño.

 

 

Voltar arriba

 

 

8.-  Atendo eu polo meu amigo en Riazor,

 

Atendo eu polo meu amigo en Riazor,

espero que ó velo non perda a razón.

¿Qué farei, que direi?

 

Atendo eu polo meu amigo na praia,

espero que o verme non se vaia.

¿Qué farei, que direi?

 

Espero que o velo non perda a razón

e asi non ter que lle dar explicación.

¿Qué farei, que direi?

 

Espero que o verme non se vaia

e non ter medo que noutras mans caia.

¿Qué farei, que direi?

 

E asi non ter que lle dar explicación

porque non acudiu á nosa citación.

¿Qué farei, que direi?

 

E non ter medo que noutras mans caia,

a miña fermosura pode que a outro atraia.

Qué farei, que direi?

 

 

Voltar arriba

 

 

9.-  Cando ía andando pola rúa,

 

Cando ía andando pola rúa,

encontreume o meu amigo Manuel Fraga,

entón eu lle dixen: ¡Que bello estás, amigo mío!

tamén lle dixe que se retirara,

porque tan bello non sabía nada

Sei que fixeches moito por Galiza

pero de pouco che serviu.

 

Aprende de Beiras do BNG

que ata a independencia quere chegar,

aunque eu non quera iso,

máis poder sí que che pido

Sei que fixeches moito por Galiza

pero de pouco che serviu.

 

Galiza Nova Beiras creou

e moitos xente acude ás reunións,

pero ti, pequeño Fraguiña

non fas nada para que falen a nosa lingua

Sei que fixeches moito por Galiza

pero de pouco che serviu.

 

Na Galiza, em galego

e pouco en castelá,

xa que temos un propio idioma,

falemoos e non o despreciemoos

Sei que fixeches moito por Galiza

pero de pouco che serviu.

 

 

Voltar arriba

 

 

10.-  Chegou cantando ao amor,

 

Chegou cantando ao amor,

no seu barco chegou,

meu amigo capitán.

 

Chegou cantando cancións,

no seu barco, o meu corazón,

meu amigo capitán.

 

No seu barco chegou,

chegou ó meu corazón,

meu amigo capitán.

 

No seu barco, o meu amor,

chegou a miña ilusión,

meu amigo capitán.

 

Chegou ó meu corazón,

e a miña alma atravesou,

meu amigo capitán.

 

Chegou a miña ilusión,

e o meu corazón,

meu amigo capitán

 

 

Voltar arriba

 

 

11.-  Co amor que eu sento,

 

Co amor que eu sento,

Co amor que eu dou;

Quero moito o meu senhor

Quero moito o meu senhor

 

Doulle moito,

Recibo pouco

Quero moito o me senhor

Quero moito o meu senhor

 

Se supese canto o quero,

E supese canto lle dou,

Quero moito o meu senhor

Quero moito o meu senhor

 

Quixome como eu o quero

E dariame o que eu lle dou

Quero moito o meu senhor

Quero moito o meu senhor

 

Co amor que eu sento,

Co amor que eu dou

Quero moito o meu senhor

Quero moito o meu senhor

 

Porque eu o quero tanto,

mais do que el pensou

Quero moito o meu senhor

Quero moito o meu senhor

 

Eu lle amo con todo o meu corazón

Quixome, agora xa me olvidou.

 

 

Voltar arriba

 

 

12.-  Con soamente mirarte os ollos

 

Con soamente mirarte os ollos

podo contemplar toda a beleza do teu alma

e canto máis te contemplo máis ardor sinto senhor.

Amote có ardor do meu corazón.

Amote có ardor do meu corazón.

 

Có meu corazón nun paño

podo darte toda a miña vida

coa esperanza de que sexas miña.

Amote có ardor do meu corazón.

Amote có ardor do meu corazón.

 

Non comprendes o meu amor senhor,

non sabes como late ó meu corazón

só decir podo que xamais me rendirei.

Amote có ardor do meu corazón.

Amote có ardor do meu corazón.

 

Se soamente tivera algunha outra oportunidade

para poder volver contemplar a túa mirada,

sei que xa esa mesma tarde moriría de tanta angustiade

Amote có ardor do meu corazón.

Amote có ardor do meu corazón.

 

Aunque nunca poda ter a sorte de bicarte senhor

morireime pero pensarei en ti e tendrei felicidade.

 

 

Voltar arriba

 

 

13.-  Deixoume a noite tan soa...

 

Deixoume a noite tan soa...

Sofre a alma que que chora nas sombras...

Marchou meu amigo.

 

Deixoume a carón do mar...

Sofre a alma que quere chorar...

Marchou meu amigo.

 

Sofre a alma que chora no olvido...

Levan as estrelas estrelecidos os sospiros...

Marchou meu amigo.

 

Sofre a alma que chora tan forte..

Levan as estrelas a cantiga da noite...

Marchou meu amigo.

 

 

Voltar arriba

 

 

14.-  Dime irmá, dime ti                               

 

Dime irmá, dime ti

s´estaba meu amigo onda ti.

¡dime ti!

 

Se viches meu amado,

dime s´estaba acompañado.

¡dime ti!

 

S´estaba meu amigo onda ti,

dime s´o viches partir.

¡dime ti!

 

Dime se o viches partir,

do porto de Laxe saír.

¡dime ti!

 

Se só estaba meu amado,

Dille que veña o meu lado.

¡dime ti!

 

 

Voltar arriba

 

 

15.-  Esta noite soa estou

 

Esta noite soa estou

porque o meu amigo marchou,

foise coa que eu cría

que era a miña amiga.

¡Vaia un o meu amigo!

 

A miña amiga falloume

e a vida destrozume.

O meu amigo ben non me fixo,

máis  ben parécese ó lixo.

         ¡Vaia un o meu amigo!

 

Porque  o meu amigo marchou,

esta noite de chover non parou

todos os cans estaban ladrando

mentres eu estaba chorando.

         ¡Vaia un o meu amigo!

 

A vida detrozume

pero a min pouco importoume,

hai moitos peixes no mar

que pronto eu vou atopar.

         ¡Vaia un o meu amigo!

 

 

Voltar arriba

 

 

16.-  Estaba eu esperando

 

Estaba eu esperando

que voltase o meu amigo

e de súpeto chegou

gravemente ferido.

Non te vaias meu amigo

non te vaias meu amigo!

 

Esperaba eu na casa

que tornase o meu amado

e pensaba no que lle pasara

debido ó seu gran retraso.

Non te vaias meu amigo

non te vaias meu amigo!

 

A volta do meu amigo

o retorno do meu amado

era o que eu quería

era polo que lle rezaba ó santo.

Non te vaias meu amigo

non te vaias meu amigo!

 

Que tornase á casa

para ficar ó meu lado

sempre os dous xuntos

ata o final ó meu lado.

Non te vaias meu amigo

non te vaias meu amigo!

 

VOLTAR ARRIBA

 

17.-  Estaba eu no alto mar,

 

Estaba eu no alto mar,

cando dél funme namorar.

Os seus ollos eran de cor marrón

e iluminaron o meu corazón.

Escoita o que teño que dicir,

sen o meu amigo non podo vivir.

 

Estaba eu no alto mar,

cando dél funme namorar.

Eu era moi xove,

e dende entón sempre chove.

Escoita o que teño que dicir,

sen o meu amigo non podo vivir.

 

Cando dél funme namorar,

él xa tiña a quen amar

Eu antes era doce,

e triste son dende entonces.

Escoita o que teño que dicir,

sen o meu amigo non podo vivir.

 

O meu amigo xa tiña a quen amar,

e eu xa non teño quen mirar.

A miña vida amarga é,

e non sei que mais facer.

Escoita o que teño que dicir,

sen o meu amigo non podo vivir.

 

 

Voltar arriba

 

 

18.-  Estaba eu nunha pequena fraga

 

Estaba eu nunha pequena fraga

e o lonxe vin o meu amigo

montado na sua egua branca

cabalgaba ó carón do río.                                                                                                         

E agora, morro por el.

 

Estaba eu nunha pequena lagoa

e o lonxe xa non estaba

montado na súa grupa           

cabalgaba ó carón da cascada.

E agora, morro por el.

 

E o lonxe vin ó meu amigo

so me queda o seu recordo

mais a miña memoria

o garda coma un tesouro.

E agora, morro por el.

 

E o lonxe xa non estaba

so queda o seu silencio

mais o meu corazón

o garda con amor.

E agora, morro por el.

 

So me queda o seu silencio

daquela vez que o vín

e aínda sigo esperando

a que veña por mín.

E agora, morro por el.

 

So queda o seu silencio

da única vez que o vín

e aínda teño a esperanza

de que se acorde de min.

E agora, morro por el.

 

 

Voltar arriba

 

 

19.-  Estaba eu paseando pola praia de Riazor

 

Estaba eu paseando pola praia de Riazor

fixándome na mar que me trae ó meu amor

eu atendend´o o meu amigo

eu atendend´o o meu amigo!

 

Estaba acercándome xa ata a do Orzán

fixándome na mar que eu gosto de amar

eu atendend´o o meu amigo

eu atendend´o o meu amigo!

 

Fixándome na mar que me trae o meu amigo

a chuvia que me molla na praia do amor

eu antendend´o o meu amigo

eu atendend´o o meu amigo!

 

Fixándome na mar que eu gosto de amar

A chuvia que me molla e molla sen parar!

Eu atendend´o o meu amigo

Eu atendend´o o meu amigo!

 

A chuvia que me molla na praia do amor

e miña nai, coitada, non sabe onde estou

eu atendend´o o meu amigo

eu atendend´o o meu amigo!

 

A chuvia que me molla e molla sen parar

e miña nai, coitada, en min estará a pensar.

eu atendend´o o meu amigo

eu atendend´o o meu amigo!

 

 

 

Voltar arriba

 

 

20.-  Estaba eu sentada na veira do mar

 

Estaba eu sentada na veira do mar

mentras oia o seu cantar

querido amigo

 

Estaba eu sentada a la no mar

mentras miraba o seu camiñar

querido amigo

 

Mentras oia o seu cantar

comencei caalada a chorar

querido amigo

 

Mentras miraba o seu camiñar

pensei,¿canto tempo vai isto durar?

querido amigo.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

21.-  Estab´eu na ermida de Santa Clara

 

Estab´eu na ermida de Santa Clara

Mirando a auga clara

Quixen coller unha flor

E ata min chegou o olor

¡Aquí morro sen o meu amigo!

 

Estaba eu rezando a Santa Clara

Preto da auga clara

Non sei onde está o meu amor

Por iso sinto pena e dor

¡Aquí morro sen o meu amigo!

 

Mirando a auga clara

Estaba eu sentada

Esperando ó meu amor

Mirando unha flor

¡Aquí morro sen o meu amigo!

 

Preto da auga clara

Un paxariño canta

E eu acordo ó meu amor

E mentres moro coa dor

¡Aquí morro sen o meu amigo!

 

 

 

Voltar arriba

 

 

22.-  Estando eu asomada ó balcón

 

Estando eu asomada ó balcón

pasou o meu amigo e levouse o meu corazón.

Eu só quero estar con el,

miña amiga, ¿qué podo facer?.

 

Estando eu mirando polo fitoiro

o meu amigo pasou e deixoume en  “coiros”.

Eu só quero estar con el,

miña amiga, ¿ que podo facer?.

 

Pasou o meu amigo e levouse o meu corazón

aí perdeuse toda a miña ilusión.

Eu  só quero estar con el,

miña amiga, ¿ que podo facer?.

 

O meu amigo pasou e deixoume en “coiros”

despois diso teño moi malos agoiros.

Eu só quero estar con el,

miña  amiga, ¿qué podo facer?.

 

Perdeuse toda a miña ilusión

cando por  el  perdín a razón.

Eu só quero estar con el,

miña  amiga, ¿qué podo facer?.

 

Despois diso teño moi malos agoiros

e así vivo coma nun sumidoiro.

Eu só quero estar con el,

miña amiga, ¿ que podo facer?.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

23.-  Estou triste e adoecida

 

Estou triste e adoecida

Porque o meu amigo marchou pola ría

Ai, meu Deus

¿Quen me fará agora un fillo

se xa ninguén andará no meu figo?

 

Triste e adoecida estou

Porque pola ría meu amigo marchou

Ai, meu Deus

¿Quen me fará agora un fillo

se xa ninguén andará no meu figo?

 

Triste estou e adoecida

Porque marchou meu amigo pola ría

Ai, meu Deus

¿Quen me fará agora un fillo

se xa ninguén andará no meu figo?

 

E ben soiña que estou

Pois non se despediu o moi cabrón

Ai, meu Deus

¿Quen me fará agora un fillo

se xa ninguén andará no meu figo?

 

Mal fodida e adoecida vou;

Irei ós mozos, para ter un fillo varón

Ai, meu Deus

¿Quen me fará agora un fillo

se xa ninguén andará no meu figo?

 

Ós mozos eu xa vou

Pois non quero saber mais dese traidor

Ai, meu Deus

¿Quen me fará agora un fillo

se xa ninguén andará no meu figo?

 

Ai, meu Deus

Dame un fillo varón

E cortalle o rabo a ese mamón.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

24-  Eu amei o meu amigo

 

Eu amei o meu amigo

naquel inverno tan largo e frío

¿A onde marcharía?

 

Eu amei o meu amado

naquel inverno tan frío e largo

¿A onde marcharía?

 

Naquel inverno tan largo e frío

nai! non quero recordalo

¿A onde marcharía?

 

Naquel inverno tan frío e largo

nai! o amor que me mostraba

¿A onde marcharía?

 

Nai! non quero recordalo

todo o que me quería

¿A onde marcharía?

 

Nai! o amor que me mostraba

nun suspiro se quedaba

¿A onde marcharía?

 

¿Onde esta o meu amigo?                     

 

 

 

Voltar arriba

 

 

25-  Eu extrañábao e quería ir a romaría,

 

Eu extrañábao e quería ir a romaría,

a miña nai díxome que non iría

porque alí atopábase o meu amigo.

 

Eu extrañábao e él non o facía,

pero eu quería ir a romaría

porque alí atopábase o meu amigo.

 

A miña nai díxome que non iría,

sintíame abandoada e sen alegría

porque alí atopábase o meu amigo.

 

Pero eu quería ir a romaría

E dicíalle que senón morrería

Porque alí atopábase o meu amigo.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

26-  Fixeime eu na miña senhor,

 

Fixeime eu na miña senhor,

Rezando fronte ó altar

Polas festas de San Xoán,

E quedei prendido plo seu amor.

Dende que a vin

No medio do mar parezo estar

 

Fixeime eu no seu sorrir

Rezando fronte ó altar.

A sua fremosura e como a do mar;

Moriría eu por non vela partir.

Dende que a vin

No medio do mar parezo estar

 

Rezando fronte ó altar

Prendido dela estou,

Camiño da morte voy

Porque ela xunto a min non quiso estar.

Dende que a vin

No medio do mar parezo estar

 

Rezando ela fronte ó altar

Estou eu a enloquecer:

non sei que vou facer,

eu morro polo seu falar.

Dende que a vin

No medio do mar parezo estar

 

Prendido dela estou

E nunca lla esquecerei.

Cómo amala, ben eu sei

O señor que non amou.

Dende que a vin

No medio do mar parezo estar

 

Que non ten amor

Quen nunca atoupou

Miña senhor.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

27-  Foise o meu amigo

 

Foise o meu amigo

hai xa moito tempo

e non o volvin ver

nin sequera un momento

¿Onde estará o meu amigo?

 

Foise polo mundo

en busca de riqueza

por moito que o intento

non hai quen o esqueza

¿Onde estará o meu amigo?

 

Hai xa moito tempo

que marchouse polo mar

recordoo todo o tempo

e non lle podo falar

¿Onde estará o meu amigo?

 

En busca de riqueza

foise polo mar

gostaríame volver a velo

e falarlle do meu mal

¿Onde estará o meu amigo?

 

E seguireille esperando

ata que o vexa o meu lado

 

 

 

Voltar arriba

 

 

28.-  Hoxe descubrin q existe a alegría,

 

Hoxe descubrin q existe a alegría,

Canto tempo esperei este día,

Amigo ,por fin conocinche,

xa sei o que é amor

 

Hoxe descubrin as esencias que leva o vento

Canto tempo esperei este sentimento

Amigo, por fin conocinche,

xa sei o que é amor

 

Canto tempo esperei este día,

Eu por ti morreía

Amigo, por fin conocinche,

xa sei o que é amor

 

Canto tempo esperando este sentimento

É por ti o que eu sento

Amigo, por fin conocinche

xa sei o que é amor

 

 

 

Voltar arriba

 

 

29.-  Irma, viche-lo meu amigo

 

Irma, viche-lo meu amigo

non volveu de Vigo

foise e non regresou

foise o meu amigo

 

Irma, viche-lo meu amado

non o moi coitado

foise e non regresou

foise o meu amigo

 

Lebou o meu corazón

e non mo devolveu o cabrón

foise e non regresou

foise o meu amigo

 

Levou a miña alma

e non ma devolveu o moi cara

foise e non regresou

foise o meu amigo

 

 

 

Voltar arriba

 

 

30.- Irmanciña querida vaiamos para Vigo

 

Irmanciña querida vaiamos para Vigo

para ve-lo meu amigo

¡vaiamos correndo!

 

Irmanciña querida vaiamos cantando

para ve-lo meu amado

¡vaiamos correndo!

 

Para ve-lo meu amigo

que ven ó porto de Vigo

¡vaiamos correndo!

 

Para ve-lo meu amado

que ven, pobre, preocupado

¡vaiamos correndo!

 

Que ven ó porto de Vigo

e vou cubrilo de bicos

¡vaiamos correndo!

 

Que ven, pobre, preocupado

e vou cubrilo bailando

¡vaiamos correndo!

 

E vou cubrilo de bicos

cre que non o amo, meu amigo

¡vaiamos correndo!

 

E vou cubrilo bailando

cre el mais está trabucado

¡vaiamos correndo!

 

 

 

Voltar arriba

 

 

31.-  Madre, eu necesito saber,

 

Madre, eu necesito saber,  

onde esté o meu amigo

eu ben estarei,

axúdame a coñecer.

Quero sentilo meu amigo,

quero vivir co meu amigo.

 

Madre, eu necesito falar,

e quero o meu amigo encontrar.

Tés que me axudar,

non me podes fallar.

Quero sentilo meu amigo,

quero vivir co meu amigo.

 

Onde esté o meu amigo

eu ben estarei.

Irei a veira do río

e con el viaxarei.

Quero sentilo meu amigo,

quero vivir co meu amigo.

 

Quero o meu amigo encontrar

e con el poder escapar.

Quero deixa-la miña vida

e vivir preto da ría.

Quero sentilo meu amigo,

quero vivir co meu amigo.

 

A vida volverase rosa

cando co meu amigo

viva en Arousa.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

32.-  Madre,nacín neste mundo,non sei se confundo as cores

 

Madre,nacín neste mundo,non sei se confundo as cores

Cada dia afundome máis polos meus desamores.

Ai de min se de amor por él eu teño que morir...

 

Madre,nacín neste mundo,e os seus ollos confundironme

Cada dia que pasa penso máis naquel home.

Ai de min se de amor por él eu teño que morir...

 

Cada dia afundome máis polos meus desamores

Querer é poder en moi pocas situacións

Ai de min se de amor por él eu teño que morir...

 

Cada dia que pasa penso máis naquel home                                                                                                                         

E nunca na vida podereime esquecer do seu nome...

Ai de min se de amor por él eu teño que morir...

 

 

 

Voltar arriba

 

 

33.-  Meu amigo, as miñas xoias non son nada

 

Meu amigo, as miñas xoias non son nada

se ti non estás,pois eu estou apenada.

Quédate comigo, meu amigo.

 

Meu amigo, os meus bens non valen nada

se ti marchas, pois eu encóntrome desconsolada.

Quédate comigo, meu amigo.

 

Se ti non estás pois estou apenada

non teño cousa alguna, non teño nada.

Quédate comigo, meu amigo.

 

Se ti marchas pois encóntrome apenada

non quero nin vexo nada.

Quédate comigo, meu amigo.

 

 

 

Voltar arriba

 

 

34.-  Meu amigo é pescador

 

Meu amigo é pescador

como quero o meu amor

cando eu vin que marchou

¡a vida me levou!

¡meu amigo,meu amor!

 

O porto quedou escuro

coma o meu futuro

a mar enfurecido

porque non estaba o meu marido

¡meu amigo,meu amor!

 

O recordo estaba xa nuboso

pero sei que era fermoso

matábame coa mirada

e coa sonrisa resucitaba

¡meu amigo,meu amor!

 

Eu sei que me quere

aínda que non me leve

él sabe o que lle quero

porque sempre lle espero

¡meu amigo,meu amor!

 

Conmigo ata a morte

con él toda a vida 

 

 

 

Voltar arriba

 

 

35.-  Meu amigo marchou ó mar

 

Meu amigo marchou ó mar

dime, amiga miña, cando vai voltar

¡ai! meu amor hai

 

Meu amigo partiu ó mar

dime, miña amiga, cando vai chegar

¡ai! meu amor hai !

 

Dime, amiga miña, cando vai voltar

quixera saber onde o atopar

¡ai! meu amor hai !

 

Dime, miña amiga, cando vai chegar

quixera saber se me seque a amar

¡ai! meu amor hai !

 

 

 

Voltar arriba

 

 

36.-  Meu amigo marchou pola noite

 

Meu amigo marchou pola noite

Meu amigo marchou pola noite,

polo campo triste e verde.

¿Onde se atopará?

 

Meu amigo escapou pola noite,

polo campo verde e triste.

¿Onde se atopará?

 

Polo campo triste e verde

paseamos, nai, os tres onte.

¿Onde se atopará?

 

Polo campo verde e triste

paseamos, nai, onte os tres.

¿Onde se atopará?

 

Paseamos, nai, os tres onte

ata que comezou a chover.s

¿Onde se atopará?

 

Paseamos, nai, onte os tres

ata que chegou o amencer.

¿Onde se atopará?

 

 

 

Voltar arriba

 

 

37.-  Meu amigo nunca me quererá.

 

Meu amigo nunca me quererá.

Conmigo nunca meu amigo estará.

¿Por que non me quere meu amigo?

¿Por que non está conmigo?

 

Miña  amiga irei con el

Para o amor ensinarlle a el.

¿Por que non me querre meu amigo?

¿Por que non está conmigo?

 

Meu amigo conmigo nunca estará,

¿ai, amiga que pasará?

¿Por que non me quere meu amigo?

¿Por que non está conmigo?

 

Para o amor explicarlle a el,

Amiga, tereino que ter.

¿Por que non me quere meu amigo?

¿Por que non está conmigo?

 

¿Ai, amiga, que pasará?

¿El de min se namorará?

¿Por que non me quere meu amigo?

¿Por que non está conmigo?

Amiga tereino que ter

Para eu feliz ser.

¿Por que non me quere meu amigo?

¿Por que non está conmigo?

 

 

 

 

Voltar arriba

 

 

Para ve-las seguintes 36 cantigas

            PINCHA     AQUÍ